O Arosa perdoa e cede un empate ante a Polvorín na Lomba
Por Redacción
O Arosa estivo falto de acerto no seu encontro desta xornada ante o filial do Lugo na Lomba. O equipo adestrado por Luisito tivo as mellores ocasións do partido, pero a Polvorín, no 92, tivo a máis clara ao enviar un man a man ao poste.
Os arlequinados saíron coa mesma aposta que nos anteriores partidos, sendo vertical e buscando a velocidade da súa liña de ataque.
Pero co paso dos minutos o encontro igualouse, ata que a falta de dez minutos para o intermedio o Arosa gozou de tres chegadas moi claras. Primeiro cun balón longo sobre Borja, pero o seu remate a portería baleira sacouna un defensa a córner.
Concheiro sacou de esquina, pero nin Sylla nin Borja puideron marcar. A seguinte foi tamén de Borja cun chute cruzado que Fernando despexou cunha gran parada e a última do primeiro tempo chegou da man de Iñaki Leonardo, pero no man a man con Fernando gañou a partida o gardameta.
Na segunda metade o filial tentou combinar, pero o Arosa facíase moi pronto co balón aínda que lle custaba xerar oportunidades.
Moveu ficha Luisito cun triplo cambio dando entrada a Rubo, Concheiro e Brais Vidal, fíxose forte en defensa e esperou o seu momento para golpear. Con todo, a pesar das innumerables chegadas, o balón non quería entrar e nun novo man a man, esta vez entre Javi Pereira e Fernando, o porteiro volveu facerse grande baixo paus e evitou o 1-0.
Alcanzouse así o tempo de desconto e o filial lucense estivo a piques de dar a sorpresa. Lasande fixo unha parede con Pablo Martínez e plantouse diante de Manu Táboas, pero non estivo atinado e enviou o balón á madeira.
O empate mantén ao Arosa na terceira praza con tres puntos máis que o Alondras e a VDE Ourense. O Bergantiños e o Celta C, pola súa banda, seguen ao seu e mantéñense na parte alta da clasificación con 13 e 11 puntos de diferenza respectivamente sobre os de Vilagarcía.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Arosa recupera o terceiro posto co seu triunfo en Betanzos (1-2)
Por Redacción |
-
Iñaki Martínez dá os tres puntos ao Arosa
Por Redacción |
-
O Arosa cede un empate contra o Estradense
Por Redacción |
-
Aprazada ata o Xoves Santo a xornada 25 da Terceira RFEF
Por Redacción |
-
Triunfo do Arosa ante o Barbadás para escalar á terceira praza (0-2)
Por Redacción |
-
Debut con gol de Santi Gegunde para dar os tres puntos ao Arosa (1-0)
Por Redacción |
-
Trompazo do Arosa na casa do Gran Peña-Celta C (3-0)
Por Redacción |