Rufo recibe a alta médica "tras o resultado satisfactorio de todas as probas realizadas"
Por Diego Espiño
Boas noticias para o Pontevedra Club de Fútbol, que despois dunha semana de incerteza recupera o seu 'pichichi' Rufo, tras recibir o OK dos servizos médicos.
Segundo informou o club granate o dianteiro reincorporarase este mércores 14 de febreiro aos adestramentos do primeiro plantel "tras o resultado satisfactorio de todas as probas realizadas".
Cabe lembrar que Rufo sufriu unha indisposición nos minutos finais do encontro do pasado día 4 contra o Cayón, que fixo que os servizos médicos do club lle recomendase "resposo deportivo" por precaución mentres se sometía a un control máis exhaustivo.
Esta situación fíxolle ser baixa para o choque da fin de semana en Guijuelo.
Agora, uns días despois, o ariete madrileño poderá por fin reitengrarse ao traballo de grupo coa tranquilidade de que as probas "confirmaron o perfecto estado de saúde do xogador", confirma o Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Pontevedra tira de efectividade para remontar ante o Coruxo e seguir líder (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Especial homenaxe a Pablo Vázquez, último 'One Club Man' do Pontevedra CF
Por Redacción |
-
Yago Iglesias, sobre o partido ante o Coruxo: "Queremos que se vexa a mellor versión do Pontevedra"
Por Almu Dapena |
-
Charly López: "Son dous partidos clave, se gañamos os dous pegariamos un bo salto"
Por Diego Espiño |
-
Dúas xornadas clave para o Pontevedra, e as dúas en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, sobre o triunfo en Guijuelo: "É a imaxe perfecta do que son os cambios e do nivel do plantel"
Por Almu Dapena |
-
Toño Calvo e Charly danlle os tres puntos ao Pontevedra en Guijuelo (1-2)
Por Almu Dapena |
-
Recomendan "repouso deportivo" a Rufo tras sentir indisposto nos minutos finais do Pontevedra-Cayón
Por Diego Espiño |
-
Rufo, o mellor 'pichichi' das catro primeiras categorías do fútbol nacional
Por Diego Espiño |