Plácida goleada do Marín Futsal ao pechacancelas Leganés (1-7)
Por Redacción
Pódese dicir que esta tempada ao Marín Futsal dánselle ben os seus encontros ante o Leganés, e é que tras o 5-0 do partido de ida, o equipo marinense volveu a golear, esta vez por 1-7, e mantense aínda con esperanzas para loitar pola permanencia.
Púxose o partido de cara moi pronto para as pupilas de Ramiro Díaz, que en tan só catro minutos xa gozaban dun cómodo colchón de dous goles que anotou Giba.
Reduciu distancias o Leganés no minuto 16 cun dobre penalti que materializou Ana Sanz para meter de cheo ao seu equipo na loita. Con todo, a falta dun minuto para o descanso, Gi Portes puxo máis terra polo medio e transformou o 1-3 despois dunha boa combinación de todo o equipo desde atrás.
Tras o paso polos vestiarios o vendaval goleador non cesou a pesar dos intentos de reacción dun pechacancelas que aguantou vivo ata o minuto 7 do segundo tempo. Débora Lavrador púxolla no segundo pau a Café para que fixese o 1-4; segundos despois a portuguesa pasou de asistente a goleadora para asinar un dobrete que supuxo o 1-6; e a falta de 10 para o final, a internacional con Portugal anotou o 1-7 que supuxo a sentenza e o seu primeiro hat-trick co Marín.
Relacionadas:
-
Contundente derrota do Marín Futsal contra o Melilla Torreblanca (7-1)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal roza a sorpresa no Sequelo fronte ao potente Futsi Atlético (3-4)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal múdase ao Sequelo para recibir o Futsi Atlético
Por Redacción |
-
Partidos de enorme valor para Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Atlético Torcal furga na ferida do Marín Futsal (2-5)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Café salva un empate 'in extremis' para o Marín na casa do Roldán (2-2)
Por Almu Dapena |
-
Gislaine Ribeiro 'Giba', segunda fichaxe de inverno do Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Marín Futsal refórzase coa internacional brasileira Gi Portes
Por Redacción |