O Arosa anuncia os abonos para a segunda volta
Por Redacción
Coincidindo co inicio da segunda volta da Terceira Federación, o Arosa presentou a campaña de abonados para esta segunda parte da tempada.
O club arlequinado quixo manter o mesmo prezo dos carnés que os do ano pasado, sendo de 50 euros os de Tribuna, 40 Tribuna Xubilado, 40 Preferencia, 35 Preferencia Xubilado, 35 Sub30 e 15 Sub18. Todos os abonos inclúen unha bufanda de agasallo.
Desta forma, os de Vilagarcía aproveitan o encontro deste domingo na Lomba ante o Rápido de Bouzas (17:00 horas) para dar o pistoletazo de saída a unha segunda volta na que necesitarán o apoio da súa afección para lograr manterse nos postos de play-off e ter opcións de conseguir o ansiado ascenso.
Únete ao arosismo!
— Arosa SC (@ArosaSCOficial) January 25, 2024
Coa segunda volta, novos prezos para os carnés. Forma parte de cada gol, celebración e vitoria; forma parte do #ArosaSC. Esperámoste. #ForzaArosa pic.twitter.com/4vJufsfNgk
Relacionadas:
-
Trompazo do Arosa na casa do Gran Peña-Celta C (3-0)
Por Redacción |
-
Santi Gegunde, segunda fichaxe de inverno no Arosa: "Poden ser uns meses bonitos de final de liga"
Por Diego Espiño |
-
Iñaki Leonardo reforza o Arosa para "axudar a que volva á categoría que merece"
Por Diego Espiño |
-
Traballado punto do Arosa ante o Rápido de Bouzas (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa supera o Viveiro e acaba a primeira volta en postos de play-off (3-0)
Por Redacción |
-
Empate xusto entre Arteixo e Arosa (1-1)
Por Redacción |
-
Triunfo do Arosa para empezar o ano con bo pé (2-0)
Por Redacción |
-
Empate amargo do Arosa ante o Alondras
Por Redacción |