Cinco atletas da Gimnástica xa lograron a mínima para o Campionato de España en Pista Cuberta
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A pouco máis de 15 días para que comece o Campionato de España Absoluto de Atletismo en Pista Cuberta, son xa cinco os atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra os que lograron a marca mínima esixida para participar neste.
A David Alejandro, Julián Ortiz e Lysvanys Pérez uníronse agora Manuel Molinos e Eduardo Suárez, gañando o dereito a participar en Sabadell os días 22 e 23 de febreiro.
Así Molinos acompañará a Lysvanys en altura, despois de igualar nun control de marcas en León o mellor rexistro dun atleta da Gimnástica con 2.07 metros, marca que lograra o seu compañeiro fai escasas semanas.
Pola súa banda Eduardo Suárez correu os 800 metros nos campionatos de Asturias, logrando un tempo de 1.52.64.
Ademais Álex Flórez certificou a súa clasificación para o nacional de marcha, que se celebrará en Murcia, impoñéndose na carreira de dez quilómetros do autonómico balear cun rexistro de 46 minutos e 37 segundos.
Relacionadas:
-
Julián Ortiz, a por medalla no Nacional de Atletismo en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
Antequera contará con tres atletas da Gimnástica no Nacional Promesa baixo teito
Por Redacción |
-
15 medallas para a Gimnástica no Campionato Galego Absoluto
Por Redacción |
-
A Gimnástica, coa vista posta nos campionatos de España
Por Redacción |