Antequera contará con tres atletas da Gimnástica no Nacional Promesa baixo teito
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Chega o primeiro campionato de España de atletismo en pista cuberta da tempada, o de categoría Promesa, que contará de novo con representación de atletas da Sociedad Gimnástica.
Á competición, que se celerará este fin de semana na localidade andaluza de Antequera, acoden os mellores atletas nacionais menores de 23 anos, e entre eles estarán tres deportistas do club pontevedrés.
Co obxectivo de lograr algunha medalla, a principal baza da Gimnástica será David Alejandro, prata hai un ano neste campionato e que acode coa cuarta mellor marca de todos os participantes nos 60 metros lisos.
Tamén contará con opcións Manuel Molinos en altura, despois de acreditar hai uns días unha marca de 2.07 metros.
Por último Iván Maceiras chega á cita cun rexistro de 7.04 metros en lonxitude, o que supón situarse no quinto lugar do ranking nunha proba que conta con moita igualdade entre todos os atletas.