Música, solidariedade e tradición para celebrar o Nadal en Cerdedo
Por Redacción
O sábado 23 de decembro ás 20:00 horas celebrarase o xa habitual Concerto Benéfico "Nadal de Tradición" no Centro Cultural de Cerdedo.
Trátase dunha cita fixada no calendario de moitos veciños e veciñas que levan gozando da música tradicional desde o 2003, ano no que se celebrou o primeiro Festival de música tradicional. No 2005 foi o seguinte e xa no 2011 tivo lugar o primeiro Festival de música tradicional en Cerdedo.
Agora, o evento chega á súa sétima edición e contará coa participación das Pandereteiras do Val de Quireza, Tralha da Terra de Montes, A.C. Afoutes do Canon de Pau, A.C. Foula, A.C. os Trazantes de Tenorio e A.C. Os Abrentes de Cerdedo.
A cita está organizada pola Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo, que aproveitará a data para realizar unha recollida de alimentos solidaria que será doada ó Comedor Social do Convento de San Francisco de Pontevedra.
O acto o presentará Rubén Troitiño con entrada de balde ata completar aforo.
Relacionadas:
-
Recollen 800 quilos de alimentos no festival benéfico dos Abrentes de Cerdedo
Por Redacción |
-
260.000 euros axudarán a mellorar a imaxe e os servizos do núcleo dos Castros
Por Redacción |
-
Somos Ponte pon en valor a solidariedade pontevedresa
Por Oskar Viéitez |
-
O I Encontro Tradicional Antonio Fraguas renderá homenaxe ás escolas de danza e gaitas de Carballedo
Por Redacción |