O I Encontro Tradicional Antonio Fraguas renderá homenaxe ás escolas de danza e gaitas de Carballedo
Por Redacción
O Centro Cultural Antonio Fraguas de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade, acollerá o vindeiro sábado 4 de novembro o I Encontro Tradicional Antonio Fraguas, que servirá para render homenaxe ás escola de danza e gaitas de Carballedo.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela; o tenente de alcalde, Fernando Vázquez; e membros da Asociación Cultural Os Afoutes do Canón de Pau presentaron este encontro, que nace coa intención de recordar e homenaxear cada ano a grupos do concello que traballaron e traballan pola cultura tradicional.
Este ano, comezan pola sede de Os Afoutes de Canón de Pau, Carballedo, e polas dúas agrupacións da parroquia, a Escola de Danza de Carballedo e a Escola de Gaitas de Carballedo.
Durante toda a xornada, realizarase un Memorial dedicado á Escola de Danza de Carballedo e ao seu mestre fundador Wenceslao Cabezas del Toro “Polo” e á Escola de Gaitas de Carballedo na figura dos mestres Ricardo Portela e Hipólito Cabezas.
Esta homenaxe farase a través dunha exposición de traxes, fotografías e historia destas agrupacións, que permanecerá aberta ao público en horario de 11.00 a 13:30 horas e de 16:30 a 21.00 horas.
Ademaais, a partir das 19:00 horas está prevista a actuación de Os Abrentes de Cerdedo, os Gaiteiros das Rías Baixas e Os Afoutes do Canón de Pau.
Jorge Cubela salientou a importancia da Escola de Danza de Carballedo e da Escola de Gaitas de Carballedo na historia da música tradicional non só no municipio senón en toda a provincia e Galicia e agradeceu "o esforzo e a iniciativa" de Os Afoutes do Canón de Pau en poñer en marcha este Encontro que sirve tamén de homenaxe reivindicativa de todo o traballo feito polos músicos do concello que "foron quen de rescatar do esquecemento a nosa música non só conservándoa senón elevándoa á súa máxima categoría".
Cubela animou ao público en xeral en achegarse este sábado 4 de novembro a Carballedo.
Relacionadas:
-
Música, solidariedade e tradición para celebrar o Nadal en Cerdedo
Por Redacción |
-
Os "lugares máxicos" de Carlos Núñez recalan con gran éxito en Tenorio
Por Redacción |
-
O labor de Antonio Fraguas de se mergullar na lembranza colectiva de Cotobade amósase nunha publicación
Por Redacción |
-
Presentan en Carballedo unha recompilación de textos de Antonio Fraguas sobre Cotobade
Por Redacción |