Este xoves comeza PortAmérica con máis do 90% da capacidade da Azucreira de Portas vendida
Por Redacción
Máis de 15.000 persoas diarias daranse cita a partir do xoves 13 na Azucreira de Portas cando comecen todas as actividades previstas da undécima edición do Festival PortAmérica.
Este martes presentábanse no recinto, que contará con novos espazos, as propostas coa presenza de Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, Xunta de Galicia; Luís López, presidente da Deputación de Pontevedra, que asistía ao seu primeiro oficial no cargo; Ricardo Martínez, alcalde do Concello de Portas; Juan Martínez Inchausti, de patrocinios musicais Estrela Galicia; Pepe Solla, chef e comisario do Showrocking; e Kin Martínez e Carlos Rodríguez, directores de Esmerarte Industrias Creativas e PortAmérica.
O 90% das entradas xa se atopan vendidas e a ocupación hostaleira na comarca atópase ao 100% para os días do Festival, entre o 13 e o 15 de xullo, segundo a organización. Tamén están practicamente esgotadas as entradas para a zona de acampada e o aparcadoiro de autocaravanas e furgonetas xa colga o cartel de completo.
A organización lembra que o Festival xera 250 empregos directos e máis de 600 indirectos. As estimacións establecen o gasto medio por visitante sobre os 400 euros, cun prezo medio dos abonos do PortAmérica de 70 euros.
O inicio desta edición contarán con propostas musicais para todas as idades e para distintos estilos musicais co foco establecido na viaxe de ida e volta Europa - América Latina.
Sebastián Yatra, Nicki Nicole, Loquillo, Deluxe, Bad Gyal, Jorge Drexler, A M.O.D.A ou M-Clan soarán ao ritmo das cociñas do multipremiado ShowRocking, unha iniciativa gastronómica onde máis de 35 chefs de alto nivel e 14 Estrelas Michelin, como Ángel León, Martina Puig Vert, Maca de Castro ou Javi Oleiros, baixo a dirección de Pepe Solla, ofrecerán unha degustación de máis de 20.000 petiscos a prezos populares creados expresamente para o PortAmérica. O toque doce figura na selección de Pastelería, da man dalgúns dos mellores profesionais reposteiros. Ademais están previstas actuacións sorpresa.
"Este festival e este acto exemplifican con claridade cal quero que sexa a miña folla de ruta e liña de traballo destes catro anos que veñen por diante", indicou o presidente provincial Luís López durante a súa intervención no acto destacando a importancia da colaboración entre administracións e o sector privado. Tamén subliñou o compromiso que este festival mantén coa contorna e o coidado ambiental a través de iniciativas como 'Unha entrada, unha árbore'.
Relacionadas:
-
Milleiros de persoas vibran ao ritmo da segunda xornada do PortAmérica
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Quique González, Deluxe, Guitarricadelafuente, Ysy A e Second abren por todo o alto un novo PortAmérica
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Rías Baixas Fest 2023 ofrece propostas de ocio espectaculares ata o 10 de setembro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Molotov cancela a súa xira europea e cae do cartel do PortAmérica
Por Alejandro Espiño |
-
35 chefs, que suman 14 Estrellas Michelín, figuran no cartel do ShowRocking do PortAmérica
Por Redacción |
-
Así será, día a día, a oferta musical do festival PortAmérica 2023
Por Alejandro Espiño |
-
Máis de mil árbores plantadas nos montes de Romai baixo a iniciativa 'Una entrada, un árbol' de PortAmérica
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Portas volve a asumir o custe das entradas do PortAmérica para a mocidade do municipio
Por Redacción |
-
Novas caras para PortAmérica: Sebastián Yatra, Nicki Nicole, Deluxe, Loquillo, MClan ou Guitarricadelafuente
Por Alejandro Espiño |