O cartel do Atlantic Fest segue tomando forma con cinco novas incorporacións
Por Redacción
Eme Dj, Nebulossa, De Ninghures, Ani Baires e Law únense ao cartel de Atlantic Fest 2023. O evento xa confirmara a presenza de Leiva, Viva Suecia, Sidecars, Sidonie, The Guapos, León Benavente, J de Los Planetas, La Bien Querida, Cupido, Cariño, Joe Crepúsculo, Abraham Boba, Núria Graham, Rocío Saiz, Melenas, Adiós Amores, Carlos Risco, Lontreira e Dani Cornes.
Eme DJ é Marta Fierro, unha DJ, produtora, formadora de DJ’s con más de 17 añvos de experiencia e 1000 actuacións ás súas costas. Destaca polas súas sesións eclécticas onde se adapta perfectamente ao público, horario, ambiente e lugar mesturando pop, disco, funk, hip- hop, indie, rock, soul, breakbeat ou house. Ademais é autora de dous libros sobre este oficio e protagonizou un documental sobre a súa vida. Pechará as xornadas do 21 e 22 de xullo.
Fiel á súa filosofía de poyar aos talentos emerxentes a través do concurso Sons Mans, estará este ano no Atlantic Fest a banda de pop electrónico Nebulossa. Se subirá ao escenario Alma Atlántica o venres 21 de xullo.
Dacordo con esta misión, a organización deu un paso máis e instalará un novo escenario pensado para este labor chamado Sonemerxente. A estas táboas subiranse o domingo De Ninghures, Ani Baires e Law.
Relacionadas:
-
Denuncian o Atlantic Fest por solicitar a persoas con necesidades alimenticias datos protexidos sobre a súa saúde
Por Redacción |
-
Comeza o Atlantic Fest 2023 repartido en cinco escenarios
Por Redacción |
-
O Atlantic Fest pon data e hora para todos os concertos da súa nova edición
Por Alejandro Espiño |
-
O Atlantic Fest amplía o seu cartel con J de Los Planetas e Dani Cornes
Por Redacción |
-
Atlantic Fest reforza a súa edición de 2023 con Viva Suecia, León Benavente ou La Bien Querida
Por Alejandro Espiño |