O Atlantic Fest amplía o seu cartel con J de Los Planetas e Dani Cornes
Por Redacción
O cartel de artistas da próxima edición do Atlantic Fest segue crecendo. A organización comunicou este mércores a incorporación de J dos Planetas e Dani Cornes a unha nómina que inclúe artistas da talla de Leiva, Viva Suecia, Sidecars, Sidonie, The Guapos, León Benavente, La Bien Querida, Cupido, Cariño, Joe Crepúsculo, Abraham Boba, Núria Graham, Rocío Saiz, Melenas, Adiós Amores, Carlos Risco ou Lontreira.
A través do patrocinio de Turismo de Galicia, Atlantic Fest instalará os días 21 e 22 de xullo na vilagarciá Praia da Concha o escenario Galicia, polo que pasarán os principais músicos do festival. É o caso de Leiva, Viva Suecia, Sidecars, The Guapos, Sidonie e J dos Planetas, que presentará o seu traballo "Plena Pausa".
Na propia contorna do areal instalaranse outros dous escenarios bautizados como Vibra Mahou e Alma Atlántica. Pero tamén haberá concertos na propia cidade, coa actuación de Abraham Boba no Salón García o día 20 de xullo e as actuacións, aínda por confirmar, do domingo 23 de xullo que terán lugar no pleno centro da cidade.
Plena Pausa é o proxecto de J de Los Planetas no que musicaliza o arquivo fílmico de Iván Zulueta. Mentres que o cantautor grovense Dani Cornes presenta o seu proxecto máis ambicioso ata o momento: "Aquí sempre tes casa", un disco íntegro en galego.
Os abonos para o festival atópanse á venda na páxina web oficial ao prezo de 50 euros ata o 26 de maio. Mentres que as entradas soltas para cada un dos días sairán á venda o 12 de maio. Os tickets para o día 21 custarán 35 euros, mentres que para o día 22, sairán a 45 euros. O abono dá dereito a acceder de forma gratuíta ao concerto do día 20 no Salón García, en caso de non completar aforo poñeranse entradas á venda por 10 euros.
Relacionadas:
-
Denuncian o Atlantic Fest por solicitar a persoas con necesidades alimenticias datos protexidos sobre a súa saúde
Por Redacción |
-
Comeza o Atlantic Fest 2023 repartido en cinco escenarios
Por Redacción |
-
O Atlantic Fest pon data e hora para todos os concertos da súa nova edición
Por Alejandro Espiño |
-
O cartel do Atlantic Fest segue tomando forma con cinco novas incorporacións
Por Redacción |
-
Atlantic Fest reforza a súa edición de 2023 con Viva Suecia, León Benavente ou La Bien Querida
Por Alejandro Espiño |