A Real Filharmonía de Galicia asina un acordo de colaboración coa Sociedade Filharmónica pontevedresa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Real Filharmonía de Galicia, no seu afán por achegar ao público galego a súa programación de concertos, mantén un acordo de colaboración coa sociedade filarmónica de Pontevedra.
ÿ unha relación satisfactoria e de beneficio mutuo que permite ampliar a programación de concertos sinfónicos e aumentar de xeito notable o número de asistentes aos diferentes recitais, segundo afirma esta veterana agrupación musical.
A Sociedad Filarmónica de Pontevedra fala de "importancia vital" ao ponderar esta relación que lles fai albergar esperanzas de "recuperar aboados, nestes momentos tan difíciles".
A Real Filharmonía de Galicia agradece esta "proveitosa e frutífera" relación e espera que poida consolidarse con programacións máis amplas a satisfacción de todos.