Última semana para visitar a mostra 'Sombras atlánticas. Retratos da arte galega', do fotógrafo Anxo Cabada, no Museo
Por Redacción
O domingo 15 de xaneiro conclúe a exposición no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra do fótografo Anxo Cabada Álvarez.
Nesta mostra recóllense retratos expresivos de 34 artistas actuais de Galicia.
Todas as imaxes caracterízanse por estar elaboradas cunha tea de fondo que axuda a centrar a atención na persoa que se observa e, ao mesmo tempo, permite democratizar a súa presenza, segundo as palabras do autor.
Mulleres artistas como Almudena Fernández Fariña, Lula Goce, Mónica Alonso, Pamen Pereira, Tatiana Medal, Elena Fernández Prada, Carme Nogueira, ou Sula Repani aparecen retratadas do mesmo xeito que outros creadores como Antón Patiño, Antón Lamazares ou Xosé Freixanes, entre outros.
Relacionadas:
-
As ‘Sombras atlánticas' de Anxo Cabada chegan ao público infantil e adulto con actividades paralelas
Por Redacción |
-
‘Sombras Atlánticas. Retratos da arte galega’ alumean o Edificio Castelao coas fotos de Anxo Cabada
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Os retratos de Anxo Cabada a varias xeracións de artistas, a exposición no Museo
Por Redacción |