'Inventio' fascina o público co seu universo Xacobeo na primeira das cinco funcións en Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/9a4/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/636ed133e6-20221111-patxot-inventio-9621.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5cb/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/636ed12cc9-20221111-patxot-inventio-9603.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/7dd/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/636ed12e8c-20221111-patxot-inventio-9608.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/96d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/636ed129b3-20221111-patxot-inventio-9593.jpg)
© Mónica Patxot
Inventio arrincaba este venres coa primeira das cinco funciones que ofrecerán durante esta fin de semana no auditorio sede Afundación de Pontevedra ofrecendo un espectáculo para o público familiar cheo de imaxinación e de sorpresas.
Nesta proposta escénica de gran formato combínanse o circo, a maxia e a danza con humor, misterio e fantasía xa que sobre as táboas tamén se mostran artes circenses, ilusionismo e elementos de comedia e drama. Ao longo do espectáculo ofrécense números de equilibrismo, malabares, audiovisuais, levitacións, maxia e xogos sonoros entre a música tradicional galega e a electrónica.
Nesta gran montaxe visual móstrase a paisaxe, a arte, a arquitectura e os costumes de Galicia provocando a fascinación do público de todas as idades. O mago Martín Varela dirixe este festival emotivo acompañado da dramaturxia de José L. Prieto e a dirección artística de Suso Montero. A dirección dos números de maxia recae sobre os ilusionistas Fani Triana e Martín Camiña, mentres que os de circo chegan a través de Jorge Miquel. A dirección musical atópase baixo a batuta de José Trincado "Triki" e o ballet e as coreografías artísticas son obra de Mercedes Suárez.
O argumento sitúase no ano 2094 cun planeta limpo, aséptico e ordenado cunha estética similar á dun quirófano de hospital, sen sentimentos e sen comunicación. Un ilusionista, seis bailaríns e seis artistas de circo comproban que desapareceu o Camiño de Santiago ao perderse na memoria. A partir de aí comeza unha aventura a través da cultura de Galicia.
Toda a información actualizada sobre o espectáculo e as entradas atópanse dispoñibles en www.inventio.gal. As entradas tamén se poden adquirir a prezos entre 15 e 25 euros máis gastos de xestión en entradas.ataquilla.com. Os menores de dous anos non pagan entrada sempre que non ocupen butaca e o público xuvenil ten desconto a través do Carné Xove.
Espectáculo 'Inventio'
Trátase dunha montaxe chea de humor, misterio e fantasía e na que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
Cinco ilusionistas de todo o mundo asombran ao público na gala Galicia Ilusiona
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Inventio encherá esta semana Pontevedra de circo, ilusionismo, danza, música "e moito máis"
Por Redacción |
-
A programación de outono na Sede Afundación de Pontevedra inclúe danza, maxia e monólogos
Por Redacción |
-
Un espectáculo futurista e circense baseado no Camiño de Santiago chegará en novembro a Pontevedra
Por Redacción |