Chegou a revolución artística de Itineranta ás rúas de Pontevedra

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz
Este mércores comezou Itineranta, o XI Festival de Animación de rúa, unha das citas máis singulares coas que conta a Boa Vila.
Itineranta é un festival dedicado ós espectáculos de rúa, con actuacións de compañías de diferentes países que iluminan os espazos públicos da cidade con espectáculos de luz e son. Unha ledicia artística que esperta sentidos e que promete ser unha auténtica revolución logo da pandemia. Este é o programa completo.
A partir das 20 horas, desde este mércores 3 e ata o 5 de agosto, diversas agrupacións ofrecerán un auténtico furacán que debe ser vivido en primeira persoa.
Troula Animación, Cía Sin Fin, Yera Teatro, Animarts, Ale Hop, La Fam, Zanguango Teatro ou Hortzmuga Teatroe & Deabru Beltzk son algún dos colectivos que encherán Pontevedra das máis novidosas propostas das artes escénicas: zancos, malabares, teatro, cabaret, batukada, performance, música en directo, lume, pirotecnia, entre outras especialidades.
Haberá diferentes rutas: Ruta A: Saída Montero Ríos, Praza España, Praza Peregrina, chegada á Ferrería, a Ruta B: Saída de Benito Corbal 21, Peregrina, Ferrería, Curros Enriquez e chegada ao Casino; a Ruta C: Saída do Teatro, Praza do Teucro, Praza das Cinco Rúas, Praza de Mendez Núñez e chegada á Praza da Verdura; e a Ruta D: Saída da Avenida de Santa María, Casino e chegada á Praza de Curros Enríquez .
Este mércores participaron: Troula Animación (O estraño caso do dentista…), Compañía Sin Fin (Los Piratas), Yera Teatro (Meninas) e Aniarts (Damonion).
O xoves 4, a partir das 20.00 horas, sairán Zanguago Teatro (Al Otro Lado), Ale Hop (The Clownpany), La Fam (MotroPunk), Hortzmuga Teatroe & Deabru Beltzk (Senta).
E o venres 5, a partir das 20.00 horas: Nacho Villar & Yllana (Glubs), Soun de Secá (Sabor), Ale Hop (Voluminaires Futuristic Freaks) e La Fam (Aquiles).
Itineranta, o XI Festival de Animación de rúa
Itineranta é un festival dedicado ós espectáculos de rúa, con actuacións de compañías de diferentes países que iluminan os espazos públicos da cidade con espectáculos de luz e son. Unha ledicia artística que esperta sentidos e que promete ser unha auténtica revolución logo da pandemia.
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Un Aquiles xigante, seres estraños, mariñeiros desorientados e o son da batucada percorren en centro histórico
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
O Festaclown traerá a Vilagarcía unha vintena de actuacións de compañías e artistas de referencia no mundo do circo
Por Redacción |
-
A ironía de Carlos Blanco volve triunfar en Pontevedra
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
É tempo para a maxia na Boa Vila
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
Monólogos, maxia, actividades infantís ou Voz de Muller, na primeira semana de agosto en Pontevedra
Por Redacción |
-
Dez compañías devolverán a animación festiva ás rúas de Pontevedra con Itineranta
Por Alejandro Espiño |