Zahara e Camela amenizarán as Festas da Peregrina os días 14 e 21 de agosto
Por Alejandro Espiño
Aos poucos comezan a desvelarse os concertos máis esperados do verán pontevedrés, as actuacións que integrarán a programación musical das Festas da Peregrina, que se celebrarán este ano entre os días 13 e 21 de agosto.
Un dos grandes atractivos será a actuación de Zahara. Fontes próximas á artista confirmaron a PontevedraViva que o seu concerto será o domingo 14 de agosto, no escenario principal das festas, a Praza de España, ás 22:30 horas.
Zahara, que xa actuou na Sala Karma o pasado mes de marzo, cultivou un gran éxito de público e crítica coa edición do seu último traballo discográfico, Puta. No que é, ata a data, o seu álbum máis persoal, falar con crueza das experiencias máis escuras da súa vida.
Dentro moi pouco, a artista reeditará de novo este disco acompañada de artistas e bandas ás que admira como Alizzz, Carolina Durante, Cora Novoa, Delaporte, La Oreja de Van Gogh, María José Llergo ou Rodrigo Cuevas, entre outros.
O outro concerto das Festas da Peregrina que xa está confirmado é o de Camela, adiantado a pasada semana por Radio Pontevedra. No seu caso, a actuación do dúo andaluz de tecno-rumba será o domingo 21 de agosto, en último día das festas.
Autores de grandes éxitos da música española como Cuando zarpa el amor, Nunca debí enamorarme, Lágrimas de amor ou Háblale de mí, Camela leva case 30 anos sobre os escenarios e repasarán en Pontevedra todos os temas que os levantaron na súa carreira.
Os de Zahara e Camela son tan só dous dos concertos que o Concello ofrecerá ao público no marco das Festas da Peregrina, cuxa programación ao completo desvelarase nuns días.
Relacionadas:
-
Zahara atrapa ao público pontevedrés
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
En noite de Perseidas triunfan Los Planetas
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Éxito de público no arranque das Noites de Monólogos coa actuación do actor Luis Zahera
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Monólogos, maxia, actividades infantís ou Voz de Muller, na primeira semana de agosto en Pontevedra
Por Redacción |
-
Carmen Salinero, pregoeira das Festas da Peregrina: "É unha honra que formará parte do meu currículo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Oito días dunhas Festas da Peregrina que serán "como as recordábamos"
Por Alejandro Espiño |
-
Víctor Manuel substituirá a Bunbury como o gran concerto do Xacobeo en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Los Planetas e Ilegales completan os grandes concertos das Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |
-
O Memorial Ricardo Portela homenaxea a Maruxa Miguéns e Xosé Romero
Por Mónica Patxot |
-
Juancho Marqués, Treixadura e o rapeiro Fernando Costa súmanse ás Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |
-
Coque Malla, nas Festas da Peregrina: actuará en Pontevedra o 15 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Música, baile, cinema e festa para iniciar xullo nunha Pontevedra "sen parada"
Por Redacción |
-
O humor nas Festas de Verán, con Luis Zahera, David Amor, Carlos Blanco, Touriñán e Marta Doviro
Por Alejandro Espiño |
-
Ida Nielsen, Samantha Fish e Andrea Motis nun Festival de Jazz con marcado acento feminino
Por Alejandro Espiño |
-
Con Voz de Muller volve a Pontevedra con Guadi Galego, De Vacas, Ginebras e a afroportuguesa Pongo
Por Alejandro Espiño |
-
Ladilla Rusa, Marc Seguí, Son da Rúa e Dios Ke Te Crew levarán a música urbana a Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |
-
Unhas Festas de Verán nas que "non haberá parada" en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |