Zahara atrapa ao público pontevedrés
Por Redacción & Cristina Saiz
Da dor á enerxía, da denuncia por sufrir as consecuencias do machismo á descarga máis vibrante que facía saltar ás miles de persoas que se achegaron este domingo 14 ata a praza de España. Así se presentou unha das artistas do momento, Zahara, en Pontevedra.
A cantante polifacética ofreceu temas do seu coñecido álbum 'Puta' no que recolle pasaxes escuras da súa vida e escenas de acoso e sufrimento, todo baixo unha luminosidade e un sentido do espectáculo que permitiu ao público gozar dunha noite chea de emocións que sorprendían á audiencia, a través das diversas capas que a creadora dos álbums 'Santa' e 'Astronauta' ofrece nos seus potentes directos.
Previamente, na praza da Ferrería, dentro da programación destas Festas da Peregrina actuaban a Coral Alameda do Fogar do Maior, Coral Bela Hele nes, Coral Helénica, Coral Polifónica de AC do Chopo e Coral Airiños de Campañó para un público máis veterano.
Este luns 15, a praza da Ferrería acollerá a partir das 21.00 horas unha sesión de divertido circo sonoro con ROCK CIRCK, premio nacional en 2017, e a partir das 22.30 horas, Coque Malla será o encargado de ofrecer o concerto grande da xornada na praza de España interpretando algúns das súas máis coñecidos éxitos como 'No puedo vivir sin ti' ou 'Berlín'. A entrada para ambos os espectáculos musicais é libre.
Relacionadas:
-
Cuestións técnicas obrigan a trasladar o concerto de Zahara e Martí Perarnau IV en Karma a Boiro
Por Redacción |
-
RADIO.- Cantar en eúscaro, galego ou catalán "non é reivindicación, é o simple feito de existir"
Por Marisa Ciordia |
-
Camela saca a bailar a Pontevedra
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Os Black Stones amosan a súa paixón polo rock and roll
Por Cristina Saiz |
-
A praza de España vibra co concerto de Juancho Marqués
Por Cristina Saiz |
-
Marcelo Dobode é profeta na súa terra
Por Redacción |
-
O talento do Coro Encaixe pon en pé á Ferraría
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
E despois dos fogos artificiais chegou a choiva
Por Oskar Viéitez |
-
Coque Malla consegue facer esquecelo todo
Por Oskar Viéitez |
-
Redúcese o número de peñas xuvenís pero aumentan os botellóns de adultos
Por Oskar Viéitez |
-
En noite de Perseidas triunfan Los Planetas
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Oito días dunhas Festas da Peregrina que serán "como as recordábamos"
Por Alejandro Espiño |
-
Zahara e Camela amenizarán as Festas da Peregrina os días 14 e 21 de agosto
Por Alejandro Espiño |