Un programa de 'mentoring' para mulleres de entre 16 e 30 anos centrará a nova edición de 'Descúbreas'
Por Redacción
Arranca a segunda edición do programa da Deputación de Pontevedra 'Descúbreas' que, en colaboración con Regalamúsica, quere empoderar ás mulleres do ámbito musical e terminar coa brecha de xénero e a invisibilización nesta industria.
O punto de partida para esta nova edición será abrir o prazo de inscripción para participar no programa de mentoring, un dos eixos centrais do programa. Esto permitirá que 8 mozas da provincia inicien os seus pasos profesionais na música da man de mulleres referentes do sector en Galicia.
"É un proxecto pioneiro e potentísimo", destacou a presidenta provincial, Carmela Silva. Engadiu ademais que "está na liña que defendemos sobre o feito de que a igualdade entre homes e mulleres é fundamental e non pode reducirse a palabrerías, senón que ten que dotarse de accións en todos os ámbitos".
Silva explicou tamén que con este programa se está a conseguir "unha gran presenza e moitas oportunidades para as nenas e mozas" e irá acompañado durante todo o ano "doutras actividades de visibilización das mulleres da música".
Deste xeito, desde agora e ata o vindeiro 11 de marzo, mulleres de entre 16 e 30 anos poden solicitar a súa participación en 'Descúbreas Mentoring', preferentemente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Deputación. A información estará dispoñible na web do programa.
En total o proyecto ofertará 8 prazas neste programa titorizado por persoal especializado. Durará catro meses cun itinerario individualizado así como a gravación dunha canción propia en estudio e a gravación e realización dun vídeo musical, filmado por un equipo audiovisual de profesionais de Regalamúsica. Trátase de bolsas cun valor estimado cada unha de 1.000 euros.
As mentorías estarán impartidas por mulleres referentes na industria musical como son: Raquel Seijo, xerente de Sweet Nocturna e presidenta de Festivais de Galicia; Patricia Hermida, xerente de Dotbeat e copresidenta do International Music Managers Forum (IMMF) e a artista Wöyza, unha das mellores voces do rap e o Rhythm & Blues.
Tamén se sumarán outras mulleres de relevancia nacional e internacional. Entre elas Salomé Limón, produtora musical gañadora de 5 Latin Grammy e que ten traballado con artistas como Andrés Calamaro, Paco de Lucía, Anoushka Shankar, Chick Corea, John Legend, Vampire Weekend ou con Enrique e Estrella Morente entre outros.
Relacionadas:
-
"Descúbreas" pecha a súa segunda edición cunha gala na escalinata exterior do Pazo provincial
Por Redacción |
-
A segunda edición de "Descúbreas" transforma o Pazo Provincial nunha sala de concertos
Por Redacción |
-
Descúbreas presenta a súa segunda edición cun concerto exclusivo no Pazo Provincial
Por Redacción |
-
Xa está en marcha 'Descúbre-as', o directorio que visibiliza as mulleres do sector musical
Por Redacción |
-
A Deputación anuncia unha "extensa xeira de accións" que farán de marzo o mes da igualdade
Por María José Pita |
-
'Descúbreas', unha plataforma para dotar de ferramentas ao talento feminino musical da provincia
Por Oskar Viéitez |