'Descúbreas', unha plataforma para dotar de ferramentas ao talento feminino musical da provincia
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto a Olalla Dopico, coordinadora do proxecto, presentaron este xoves as novas accións de www.descubreas.com "unha web moi potente, que crea redes, pon en relación ás mulleres novas coa industria musical para que poidan desenvolver a súa carreira profesional".
Trátase dunha páxina na que se inclúen dende vídeos titoriais ata foros, vídeo entrevistas, e un mapa de mulleres na industria musical, "fundamental para visibilizar que hai mulleres".
Carmela Silva sinalou que "na industria musical hai teitos de cristal e solos pegañentos que impiden que as mozas poidan chegar".
Xunto a estas seccións, e dada a amplitude de contidos que inclúe www.descubreas.com, lanzarase unha publicación dixital que se distribuirá a través do correo electrónico a fin de facilitar ás persoas usuarias a información e novidades de todo o que está a acontecer.
A presidenta avanzou que "tamén se darán a coñecer novos avances en relación a Descúbreas o vindeiro martes, 23 de febreiro, cando presentaremos a nosa programación do 8M, que será o proxecto de visibilidade da axenda feminista máis potente que se vai facer en toda Galicia".
A coordinadora do proxecto, Olalla Dopico afondou na plataforma web, un espazo que pretende "amosar de maneira atractivo e útil os contidos para motivar ás rapazas a crear comunidade e participar en proxectos, converténdose nun espazo seguro onde as mozas se sintan acompañadas".
Relacionadas:
-
Un programa de 'mentoring' para mulleres de entre 16 e 30 anos centrará a nova edición de 'Descúbreas'
Por Redacción |
-
Xa está en marcha 'Descúbre-as', o directorio que visibiliza as mulleres do sector musical
Por Redacción |
-
A música en feminino brillará con luz propia en Pontevedra
Por Redacción |