Derradeiro vídeo en Tik-Tok de Memoria das Mulleres para lembrar nomes "que fixeron historia"
Por Redacción
O programa A memoria das mulleres tentou achegar durante o 2021 a loita antifascista das mulleres pontevedresas ao público máis novo. Para tal fin, tres tiktokers galegas, Laura Franco, Leti da Taberna e María Rúa idearon oito pezas audiovisuais para distribuíren a través da rede social Tik-Tok.
O concelleiro de Memoria Histórica, Xaquín Moreda, indica que o obxectivo final desta serie era achegar o programa realizado pola Memoria das Mulleres ata o público máis novo, utilizando unha aplicación que resulta atractiva para esa franxa de idade.
Na derradeira peza, que pode ser visualizada nesta ligazón, María Rúa pon nome e cara a algunhas mulleres que loitaron polo país en diversos eidos, rompendo tópicos e barreiras dentro de diferentes espazos laborais, desbotando a idea de que as mulleres "só traballan na casa". Ernestina Otero, Teresa Fraga ou María Santomé son os exemplos propostos pola tiktoker galega.
Os oito vídeos publicados lograron unha forte interacción dentro da rede social onde se publican vídeos curtos. O conxunto de pezas suma máis de 85.000 visualizacións e, segundo o Concello, pon de manifesto o interese da mocidade neste tipo de temas, disposta a aprender e coñecer unha parte moitas veces oculta da historia feminina galega.
Relacionadas:
-
Un vídeo da Memoria das Mulleres repasa o labor das primeiras actrices galegas a comezos do século XX
Por Redacción |
-
A arte e a vida de Aurora Argibay Iglesias, o novo vídeo en TikTok que divulga 'A Memoria das Mulleres'
Por Redacción |
-
María Rúa, Helena López e Sara Seco divulgarán en Tik-Tok A Memoria das Mulleres
Por Redacción |
-
25N | Por un TikTok sen violencias, campaña de Sanxenxo para sensibilizar en igualdade
Por Redacción |
-
Concurso en Tik Tok para loitar contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
"A maioría de rúas teñen nome de homes. En Pontevedra isto está mudando"
Por Redacción |
-
O 'drama da draga', nova historia de "A memoria das mulleres" en TikTok
Por Redacción |
-
Novo vídeo de 'A Memoria das Mulleres' en Tik Tok corrixindo erros históricos: "lerchas non, eran loitadoras"
Por Anxo Lourido |