25N | Por un TikTok sen violencias, campaña de Sanxenxo para sensibilizar en igualdade
Por Redacción
O Pazo Emilia Pardo Bazán acolleu este 25N o fallo do concurso TikTok sen violencias, unha iniciativa convocada polo CIM con motivo do día internacional pola eliminación da violencia contra a muller, á que se presentaron dezaoito pezas.
Foi unha actividade aberta a toda a poboación do municipio, pero con especial atención aos centros educativos nos que se realizaron dúas sesións formativas co obxectivo traballar a sensibilización coa igualdade dos adolescentes de forma dinámica e visual.
O primeiro premio foi para o vídeo, Non é cuestión de xénero, é cuestión de educación, da Asociación Mulleres Rurais A Candelaria, que levaron un Apple AirPods.
Non é amor, é control do alumnado de terceiro da ESO do IES Vilalonga logrou unha impresora fotográfica móbil polo seu segundo premio; mentres que o terceiro foi para Humor baleiro, de Paula Besada, alumna de segundo da ESO do IES Vilalonga, cun altofalante wifi intelixente.
O resto de participantes recibiron tamén un recoñecemento para agradecer a súa implicación e o seu esforzo polos traballos presentados.
O xurado valorou a adecuación do traballo á temática, a orixinalidade, o potencial sensibilizador e a capacidade para convidar á reflexión contra as violencias machistas, ademais da capacidade para sintetizar e comunicar os contidos.
O acto concluíu co espectáculo da meiga Fany, Igualdade, onde estás, financiado polo Ministerio de Igualdade dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Relacionadas:
-
'Violeta e Mariño', o conto co que o CIM de Sanxenxo conmemora o 25-N
Por Redacción |
-
Derradeiro vídeo en Tik-Tok de Memoria das Mulleres para lembrar nomes "que fixeron historia"
Por Redacción |
-
'Sen cárcere nin carcereiro', do IES de Vilalonga, vence na modalidade audiovisual do certame da Xunta con motivo do 25N
Por Redacción |
-
Concurso en Tik Tok para loitar contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
O CIM de Sanxenxo leva aos centros educativos un concurso de Tik Tok contra a violencia machista
Por Redacción |