Russinha e Parking Dust, reclamos para atraer a mocidade ao Recinto Feiral esta fin de semana
Por Redacción
A aposta do Concello de Pontevedra por promover actividades que atraian á mocidade ao espazo do Recinto Feiral, onde se atopa o botellódromo, reactívase esta fin de semana con dúas novas actuacións neste punto da cidade.
Nesta ocasión trátase de dous concertos con músicas urbanas actuais que se desenvolverán o venres e o sábado a partir das 21.30 horas e finalizarán ás 01.00 horas. O acceso é libre e os concertos van desenvolverse na zona superior deste recinto.
O venres actuará Parking Dust, un dj habitual nas sesións nocturnas de Pontevedra, de onde é natural. Nas súas propostas ofrece diferentes modalidades de sons urbanos como o trap ou o rap con referencias a melodías clásicas do movemento hip hop.
Russinha será quen ofreza unha sesión de dj durante a noite do sábado 23. Esta picadiscos de Santiago de Compostela caracterízase por combinar electrónica con diferentes estilos musicais.
Con estes concertos, o Concello busca ofrecer unha alternativa de lecer coa intención de que non se rexistren botellóns incontrolados noutros puntos da cidade que provoquen problemas de convivencia con residentes e establecementos de hostalería.
Relacionadas:
-
Pontevedra celebra o 'Samaín no Río' con catro noites de música con DJ
Por Redacción |
-
Veciños da Zona Monumental denuncian actos vandálicos nas súas casas derivados da movida nocturna
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O Concello destaca a diminución dos problemas de convivencia coa reapertura do botellódromo
Por Oskar Viéitez |
-
Apenas trinta mozos acudiron á reapertura do 'botellódromo'
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Domínguez considera unha "equivocación absoluta" reabrir o 'botellódromo'
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra reforzará a vixilancia policial no centro histórico para evitar botellóns
Por Alejandro Espiño |