Música en directo e humor para un novo xiro da historia de Robinson Crusoe

Por Redacción
Domingos do Principal apostará esta semana por recuperar un personaxe moi coñecido para o gran público. Trátase do náufrago coñecido como Robinson Crusoe, o protagonista do espectáculo que traerá a Pontevedra a compañía vasca Markeliñe.
En Crusoe, o público pontevedrés coñecerá na historia dun home que vive só nunha illa. Vai vendo a vida pasar e, deste xeito, aprenderá a vivir e a relacionarse coa súa contorna e a coidalo dentro da súa soidade.
Este espectáculo, recomendado para público a partir de 5 anos, é unha metáfora da vida cun toque de poesía visual, música en directo e humor.
As entradas para asistir a esta obra de teatro de actor, este domingo 21 de marzo ás 12:00 e 18:30 horas, están á venda a través de Ataquilla.com.
Relacionadas:
-
O público pontevedrés non deixa só a Robinson Crusoe no Teatro Principal
Por Cristina Saiz |
-
Unha xornada de Domingos do Principal para 'sementar' o amor polo teatro
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Domingos do Principal recupera a historia de Jojo, o primeiro orangután rescatado da súa cautividade
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
'Italino Grand Hotel', unha lavandería, un personaxe solitario e unha sombra
Por Cristina Saiz & Redacción |