Unha xornada de Domingos do Principal para 'sementar' o amor polo teatro
A compañía portuguesa Ajidanha protagonizou este domingo 14 de marzo a xornada do ciclo Domingos no Principal.
Fíxoo traendo ao Teatro Principal a obra 'Semente - O homem que plantava árvores', representada en dobre sesión (12.00 e 18.30 horas) coas medidas de seguridade e de control de aforo pertinentes.
A obra centrábase nunha historia sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo, narrando a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do sitio onde vive un lugar especial.
A próxima cita de Domingos do Principal será o día 21 de marzo co 'Crusoe' da compañía Markeliñe.
Representación de 'Semente - O homem que plantava árvores' en Domingos no Principal
A compañía portuguesa Ajidanha protagonizou a cita este domingo 14 de marzo co ciclo Domingos no Principal
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Os monicreques de Contacreques poñen fin á tempada de Domingos do Principal
Por Cristina Saiz |
-
O humor de 'Cartoóns' alegra a xornada en Domingos do Principal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Domingos do Principal entra na súa recta final coa obra "Cartoóns"
Por Redacción |
-
O público pontevedrés non deixa só a Robinson Crusoe no Teatro Principal
Por Cristina Saiz |
-
Música en directo e humor para un novo xiro da historia de Robinson Crusoe
Por Redacción |
-
Dous espectáculos teatrais levarán o humor e a cultura ao Principal en Semana Santa
Por Redacción |
-
Domingos do Principal internacionalízase con "Semente", da compañía portuguesa Ajidanha
Por Redacción |
-
Domingos do Principal recupera a historia de Jojo, o primeiro orangután rescatado da súa cautividade
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
'Italino Grand Hotel', unha lavandería, un personaxe solitario e unha sombra
Por Cristina Saiz & Redacción |