Domingos do Principal recupera a historia de Jojo, o primeiro orangután rescatado da súa cautividade
O público pontevedrés achegouse este domingo a unha tenra historia, a de Jojo, o primeiro orangután que foi rescatado da súa catividade. Fixérono da man da compañía catalá Borja Ytuquepintas, os invitados a unha nova sesión de Domingos do Principal.
O seu espectáculo, titulado precisamente Jojo, narra precisamente a historia deste orangután, cuxo rescate significou o inicio do proxecto Animal Recue, unha ONG que traballa para que estes animais poidan ser rehabilitados no seu medio natural.
Usando poesía visual sen texto e empregando, entre outras técnicas, a area, a manipulación de monicreques e a música en directo, a compañía teatral ofreceu unha fermosa proposta escénica.
A próxima cita con Domingos do Principal será o próximo 14 marzo, en sesión dobre ás 12:00 e 18:30 horas, coa obra Semente - O homem que plantava árvores, da compañía portuguesa Ajidanha.
"Jojo", unha historia de liberdade en Domingos do Principal
O público pontevedrés achegouse este domingo a unha tenra historia, a de Jojo, o primeiro orangután que foi rescatado da súa catividade. Fixérono da man da compañía catalá Borja Ytuquepintas, os invitados a unha nova sesión de Domingos do Principal
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Os monicreques de Contacreques poñen fin á tempada de Domingos do Principal
Por Cristina Saiz |
-
Domingos do Principal entra na súa recta final coa obra "Cartoóns"
Por Redacción |
-
O público pontevedrés non deixa só a Robinson Crusoe no Teatro Principal
Por Cristina Saiz |
-
Música en directo e humor para un novo xiro da historia de Robinson Crusoe
Por Redacción |
-
Unha xornada de Domingos do Principal para 'sementar' o amor polo teatro
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Domingos do Principal internacionalízase con "Semente", da compañía portuguesa Ajidanha
Por Redacción |
-
'Italino Grand Hotel', unha lavandería, un personaxe solitario e unha sombra
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Un reencontro moi esperado cos Domingos do Principal
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Sorrisos sen fin este domingo coa Danza da choiva de Elefante Elegante
Por Cristina Saiz & Redacción |