Volven os "Contos Confinados" para que os máis cativos gocen dende a casa
O Museo de Pontevedra desenvolverá a segunda edición de ‘Contos Confinados’, unha iniciativa de contacontos para que a cativada consuma cultura a pesares das restricións derivadas da pandemia.
Ante a imposiblidade de desenvolver unha programación presencial, o Museo opta de novo por propostas en formato dixital co obxectivo de manter ligada ás e aos máis pequenos da casa coa oferta cultural da institución museística.
Así, ademáis do concurso artístico do Entroido ‘Vestindo o Ravachol’, nestas datas ofertaranse sesións de contacontos que poderán gozar dende as súas casas, ao igual que xa o fixera no mes de maio do 2020. Serán os sábados deste mes e da primeira semana de marzo ás 10:00 horas a través do perfil de Facebook e na páxina web do Museo
Segundo o Museo de Pontevedra preténdese tamén apoiar un sector castigado por la pandemia que está a reinventarse para sobrevivir ante a paralización da actividade cultural. As narracións serán interpretadas tamén en lingua de signos pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (Xoga) para posibilitar que as persoas con diversidade sensorial gocen tamén destas propostas.
A programación desta segunda edición dos 'Contos Confinados' iniciarase este sábado 13 con 'Caxoto', de A Trastenda dos Contos, co que se celebrará o Entroido; o día 20 Polo Correo do Vento chegará ao Edificio Castelao con 'A investigadora Peregrina e o misterioso caso dos peliqueiros', que incluirá un obradoiro de debuxo; Beatriz Campos e 'Os tres porquiños' protagonizarán a sesión do día 27; e o 6 de marzo Migallas Teatro relatará o 'Romance da princesa caprichosa'.
Relacionadas:
-
Sorteos, contacontos e unha charla-coloquio co gallo Día da Lingua de Signos
Por Oskar Viéitez |
-
O alumnado do colexio San Xosé interpreta a música máis diversa coas súas mans
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
''Brincadeiras da lingua'', o proxecto lingüístico organizado por Migallas Teatro para os cativos e familia
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
O Edificio Castelao amosará unha retrospectiva da fotografía de autor de José Suárez
Por Redacción |
-
Encrucillado en liña sobre a historia de Ravachol e un concurso artístico para a celebración do Entroido
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
'Vestindo o Ravachol', o concurso artístico infantil que pon en marcha o Museo de Pontevedra neste Entroido
Por Isabel Feijóo Gallardo |