A Banda de Música e a Coral Polifónica de Salcedo brindan coa mellor música
Por Diego Torrado & Redacción
Un ano máis, a Banda de Música de Salcedo acudía este domingo previo á Noiteboa ao auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Nesta ocasión, a agrupación ofrecía un novo concerto acompañada pola Coral Polifónica da mesma parroquia.
Trátase dun acto xa tradicional por estas festas de Nadal que organiza a Asociación Socio Cultural San Martiño, que contou coa presenza de numeroso público.
A Banda de Música de Salcedo interpretó as pezas baixo a batuta de Marcel Van Bree mentres que a Coral Polifónica conta coa dirección de Sonia Bouzada.
Foi un domingo cargado de música porque ao mediodía o Teatro Principal acollía outro concerto dentro do Ciclo de Butaca da Banda de Música de Pontevedra. Nesta ocasión, baixo a dirección de Rafael Agulló, a agrupación realizou un paseo polo son da lírica.
A próxima gran cita musical chegará o día de Aninovo cando a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, acompañada da Banda de Gaitas de Forcarei e o BalletNorte protagonizará o concerto clásico do primeiro día do ano no Pazo da Cultura de Pontevedra. Unha cita especial para celebrar de forma festiva a entrada de 2019.
Baixo a direccion de Juan Miguel Romero Llopis, a Orquestra Filharmónica interpretará un programa centrado en composicións de R. Chapí, P. Luna, A. Vives, M. Curros / J. Catro e J. Strauss II.
As entradas xa están á venda a través de Ataquilla.
Relacionadas:
-
RADIO.- Alfredo Sánchez dá un descanso ao bombardino para coller a batuta coa Banda de Música de Salcedo
Por Marisa Ciordia |
-
A Coral Polifónica de Pontevedra dará un concerto de música sacra
Por Redacción |
-
O concerto da Orquestra Filharmónica, a mellor desculpa para erguerse da mesa en Aninovo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A "Carmina Burana" da Banda de Música de Salcedo pon en pé o Pazo da Cultura
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Banda de Música de Salcedo prepárase para a interpretación de 'Carmina Burana'
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
A Banda de Música de Salcedo, pioneira en interpretar Carmina Burana
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Tres décadas da Banda de Música de Salcedo
Por Marisa Ciordia |