A Banda de Música de Salcedo prepárase para a interpretación de 'Carmina Burana'
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
A Banda de Música de Salcedo, a Coral Polifónica El Eco da Coruña e os solistas Clara Panas, Enrique Martínez e John Heath quentaban motores este sábado no Pazo da Cultura co ensaio xeral do concerto onde interpretarán a obra 'Carmina Burana', que o vindeiro sábado 24, ás 20.00 horas, teñen previsto realizar no mesmo escenario.
'Carmina Burana', a obra do compositor alemán Carl Orff, está baseada en poemas medievais e ofrece unha historia de amor e luxuria. Trátase dunha das cantantas máis populares do século XX na que se ofrece o relato do desenfreo de novos monxes e estudantes.
As entradas, a un prezo de 10 euros. xa se atopan á venda na Escola de Música de Salcedo e no local comercial de Viajes Deza na rúa Michelena.
Nesa cita entregaranse as medallas de prata da San Martiño de Salcedo a Francisco Rivas López "Paco", técnico do Pazo da Cultura, e a Supermercados Froiz, polo apoio ás propostas culturais.
O xoves 15 de novembro, ás 20.00 horas, dentro dos actos que a entidade cultural Asociación Músico Cultural San Martiño de Salcedo ten previsto para as próximas datas, celebrarase unha conferencia na Casa Verde de Salcedo a cargo do historiador José Manuel Pereira sobre os 250 anos de ópera en Pontevedra.
Relacionadas:
-
A Banda de Música e a Coral Polifónica de Salcedo brindan coa mellor música
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A "Carmina Burana" da Banda de Música de Salcedo pon en pé o Pazo da Cultura
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Banda de Música de Salcedo, pioneira en interpretar Carmina Burana
Por Redacción |