A "Carmina Burana" da Banda de Música de Salcedo pon en pé o Pazo da Cultura
Por Redacción & Diego Torrado
Tras meses de traballo e intensos ensaios, a Banda de Música de Salcedo estreou a súa representación da cantata Carmina Burana, de Carl Orff. E fíxoo este sábado cun gran éxito artístico e de público, nun Pazo da Cultura de Pontevedra cheo ata bandeira.
A banda pontevedresa estivo acompañada pola coral polifónica El Eco, da Coruña, e por tres solistas: a soprano Clara Panas, o tenor Enrique Martínez e o barítono John Heath.
Co seu director titular Marcel van Bree á batuta, a BMS atreveuse con todo un clásico, unha composición que recupera unha colección de cantos achados nun códice atopado en 1803, nos que se satirizaban e se criticaban aos que ostentaban o poder.
Carl Orff, utilizando como textos moitos destes cantos, creou unha cantata escénica no que destacan, xunto coa orquestra, os coros e as tres voces solistas, a función do piano e outros instrumentos de percusión.
Todo ese espírito recreouse no auditorio pontevedrés, da man dos músicos da BMS que recibiron unha sonora ovación ao remate da actuación.
Relacionadas:
-
A Coral Polifónica de Pontevedra dará un concerto de música sacra
Por Redacción |
-
A Banda de Música e a Coral Polifónica de Salcedo brindan coa mellor música
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A Banda de Música de Salcedo prepárase para a interpretación de 'Carmina Burana'
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
A Banda de Música de Salcedo, pioneira en interpretar Carmina Burana
Por Redacción |