Todo listo para a XVI edición do SonRías Baixas
Por Redacción
Bueu prepárase para unha fin de semana de música, gastronomía e praia grancias a unha dos seus eventos máis consolidados, o SonRías Baixas.
O festival musical, que se celebrará do 2 ao 4 de agosto, foi presentado oficialmente este martes, nun acto que contou coas actuacións dos grupos 'Voodoo' e 'Dakidarría'.
"Empezou sendo un festival pequeno, para a xente de Bueu, e foi medrando ao longo dos anos ata converterse nun dos eventos máis importantes do verán da vila", recoñece o deputado provincial de Cultura e concelleira da localidade Xosé Leal.
O completo cartel do SonRías Baixas 2018 iniciarares o xoves 2 de agosto con Talco, Revolta Permanent e Assekes; seguirá o venres día 3 con La Raíz, Desakato, Che Sudaka, Terbutalina e Sara Hebe; e concluirá o sábado 4 de agosto con Berri Txarrak, Gatillazo, Muchachito, Muerdo e The Skarnivals.
Ademais no espazo gastronómico-musical Casa SonRías tocará o sábado a banda feminina Voodoo, que dará paso a un acústico de Muchachito en solitario e a unha actuación sorpresa.
Relacionadas:
-
Éxito rotundo do SonRías Baixas cun balance de 22.000 asistentes
Por Redacción |
-
A Garda Civil formula 40 denuncias por tenencia e consumo de drogas durante o SonRías Baixas
Por Redacción |
-
Talco abrirá un SonRías Baixas que xuntará en Bueu máis dunha ducia de bandas
Por Alejandro Espiño |
-
Sete novas incorporacións ao cartel de SonRías Baixas 2018
Por Gabriela Varela Asorey |
-
Desakato, Sara Hebe e Skarnivals, novas confirmacións do SonRías Baixas 2018
Por Gabriela Varela Asorey |
-
La Raíz e Terbutalina, primeiras confirmacións do SonRías Baixas 2018
Por Redacción |