A Garda Civil formula 40 denuncias por tenencia e consumo de drogas durante o SonRías Baixas
Por Redacción
O dispositivo especial de seguridade despregado pola Garda Civil durante esta fin de semana con motivo do festival SonRías Baixas de Bueu concluíu con preto de 40 denuncias formuladas contra persoas detectadas con tenencia e consumo de drogas.
Segundo o balance realizado pola Garda Civil, durante os días que durou a cita musical en Bueu os axentes despregados na zona tamén detectaron e denunciaron a 12 persoas por infraccións relacionadas coa seguridade viaria.
Ademais, outras tres persoas foron denunciadas polos axentes da Benemérita por alteración da orde pública durante o festival.