Domingos do Principal pecha edición con 544 espectadores de media por sesión
Por Redacción
O ciclo de teatro familiar Domingos do Principal volveu a situarse como un dos eventos máis populares dos que se programan en Pontevedra. Cada función foi vista por una media de 544 persoas e cinco dos sete espectáculos foron valorados polo público cun sobresaínte.
Segundo os datos difundidos polo Pazo da Cultura, case 250 persoas mercaron o abono para todo o ciclo, que incluíu 17 pases de sete espectáculos nos que o teatro, os monicreques, o clown, a música e o circo foron os protagonistas.
Ente o 21 de xaneiro e o 11 de marzo pasaron polo escenario do Teatro Principal Sin Remite, de Jean Philippe Kikolas, Rubicundo de Teatro dos Ghazafelhos, Amigoo de Mumusic circus, Concerto Singular de Píscore, Me llamo Suleiman de unahoramenos, O faiado de Teatro ao cubo e Mundo Lirondo de Spasmo Teatro.
Tres delas, Rubicundo, Concerto Singular e Mundo Lirondo, contaron tamén con pases concertados con escolares chegados de Pontevedra e parroquias e concellos próximos nos que participaron unha media de 300 nenos e nenas de educación infantil e primaria.
Na enquisa cuberta por nenos e adultos, Mundo Lirondo e Concerto Singular foron os espectáculos que tiveron unha mellor valoración do público.
Carme Fouces, concelleira de Cultura, manifestou a súa ledicia ante a boa saúde da que goza o ciclo e afima que "continuaremos programado nesta liña e achegando as artes escénicas aos máis novos, creando públicos formados e esixentes de cara ao futuro".
Domingos do Principal celebrou este ano a súa décimo novena edición.
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara: Visitamos con Salvador Casalderrey o 'backstage' do Teatro Principal
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Domingos do Principal di adeus mergullado no 'Mundo Lirondo'
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Faiado, a nova obra de Teatro Ó Cubo, en Domingos no Principal
Por David Arana |
-
Domingos do Principal revolve conciencias con "Me llamo Suleimán"
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |