O Festival das Núbebes abre as súas portas coa ollada enfocada á discapacidade
Por Cristina Saiz
O Festival das Núbebes comezou este venres cunha festa de benvida que se desenvolvía no Teatro Principal. A cuarta edición deste evento dirixido a bebés e ás súas familias, ademais da os profesionais que traballan habitualmente con menores de tres anos, céntrase nas diferentes discapacidades, tanto visibles como invisibles.
Baixo a intención de chegar a diferentes colectivos que sofren discapacidades, Baobab Teatro e a concellería de Benestar, deseñaron un programa con actividades e obradoiros no que poidan participar todos os menores. O programa para este primeiro fin de semana do Festival das Núbebes 2016 é o seguinte:
Sábado 17
- Bicos con leite non saben a peixe, con Charo Pita - Casa das Campás. 11.00 horas, 12.00h, 17.30h e 18.45h. A partir de 6 meses | Entrada gratis
- Na casa, de Caramuxo Teatro - Teatro Principal 12.30h, 17.00h e 18.30. De 1 a 5 anos | Entrada 3 euros
- Travesía lúdica en familia. Obradoiro de xogos - Padroado de Turismo Rías Baixas . 11.15h e 17.15h (de 0 meses a 3 anos) 12.30h e 18.30h (de 3 a 6 anos)
- Unha escola para todos/as da Asociación DOWN Pontevedra XUNTOS. - Casa Azul. Sala Almofrei. De 9.00h a 14.00h (só para profesionais)
Domingo 18
- A Alfombra Máxica. Babaluva Teatro - Casa Azul. Sala Almofrei. 11.15h, 12.45h, 17.15h e 18.45h. Espectáculo sensorial para bebés e familia. De 0 a 3 anos | Entrada de balde
- Xogando con bicos. Sesión de contos con sentidos - Casa das Campás. 11.30h e 12.30h C.E.E Amencer-Aspace e Iria Ibusquiza. De 1 a 5 anos | Entrada gratis
- Obradoiro de danza en familia. Artestudio. Estefanía Gómez e Ana B. Pérez - Padroado de Turismo Rías Baixas 11.00h (de 6 a 12 meses) 12.00h (de 13 a 24 meses) 17.30h (de 2 a 3 anos) 19.00h (de 3 a 4 anos)
As actividades teñen un aforamento limitado e sempre é necesaria a recollida previa de entradas no despacho de billetes do Teatro Principal.
O Festival das Núbebes continuará a fin de semana do 23 ao 25 de setembro.
Relacionadas:
-
Festa e reivindicación polo Día internacional da Síndrome de Down
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Seis novas empresas da cidade contratan a usuarios de Down Xuntos
Por Redacción |
-
Que ilumina edificios e monumentos, enche as redes sociais de bicos e pon á xente a bailar?
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Alá vai unha nova edición do Festival das Núbebes
Por Diego Torrado |
-
VIDEO.- Guerra de almofadas na Praza do Teucro
Por Redacción |
-
O Festival das Núbebes conquista aos máis pequenos da casa
Por Diego Torrado |
-
A discapacidade "visible e invisible", protagonista do IV Festival das Núbebes
Por Diego Espiño |
-
Exitazo do festival Núbebes
Por Diego Torrado |