
© Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro
Como se fundían os metais na Prehistoria? En Campo Lameiro terás unha demostración

Por Redacción
O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) continúa coas actividades postas en marcha coa idea de achegar o mundo dos petróglifos ao público xeral dun xeito ameno e divertido e este sábado 20 de agosto realizará unha exhibición de metalurxia prehistórica.
Trátase, segundo explican desde o Parque, dunha demostración das técnicas empregadas no pasado no traballo do metal, concretamente na fabricación dun puñal de bronce. Esta actividade xa foi realizada con anterioridade por Aaron Lackinger, investigador experto en metalurxia do grupo de investigación GEAAT das universidade de Vigo e Granada, pero nesta ocasión está programada dun xeito diferente, pois está concibida dende unha perspectiva máis didáctica e amena para que o público xeral poida comprender a relación do mundo dos petróglifos e da metalurxia.
No desenvolvemento da actividade empregarase unha estrutura de fundición simple, consistente nunha fenda no chan, alimentada por dous foles de coiro de cabalo, a través de dúas tobeiras cerámicas. Como combustible empregarase carbón vexetal, feito de uz.
A fundición repetirase dúas veces, de 12.00 a 14.00 horas pola mañá e de 17.00 a 19.00 horas pola tarde. Será de balde para todos aqueles que paguen a entrada ao Parque.
Relacionadas:
-
O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro aumentou máis dun 20% o seu número de usuarios
Por Redacción |
-
O modelo de xestión do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro recibe críticas positivas de expertos europeos
Por Redacción |
-
Volven organizar o Noitepedras astronómico logo do éxito da primeira edición
Por Redacción |
-
Descobren novos petróglifos no parque arqueolóxico de Campo Lameiro, un "inusual na arte rupestre"
Por Redacción |
-
Noitepedras, teatro, cociña prehistórica e telearqueoloxía
Por Redacción |