A Filarmónica organiza este luns un concerto do Trío Petrof
Por Redacción
O Teatro Principal de Pontevedra acollerá este luns, 1 de febreiro, un recital do Trío Petrof, organizado pola Sociedade Filarmónica de Pontevedra.
Fundado en 2007 por iniciativa de Jan Schulmeister, violinista do afamado cuarteto Wihan, o trío foi nomeado, polo seu alto nivel artístico, residente da prestixiosa empresa de pianos Petrof, completando o trío Kamil Zvak (violoncelo) e Martina Schulmeisterová (piano).
A formación presentará un repertorio con obras que van desde o primeiro clasicismo ata o impresionismo (Haydn, Mozart, Beethoven, Schumann, Brahms, Dvorák, Laló, Fauré e Debussy), aínda que tamén inclúe autores contemporáneos.
O concerto no Teatro Principal comezará ás 20:30 horas.
Relacionadas:
-
O violonchelista Jirí Bárta e a pianista Terezie Fialová, en Pontevedra coa Sociedad Filarmónica
Por Redacción |
-
A Sociedad Filármonica convida a Pontevedra ao violinista Ivan Zenaty e a pianista Sandra Shapiro
Por Redacción |
-
Concerto da pianista Rosalía Gómez Lasheras
Por Redacción |
-
A Sociedade Filarmónica homenaxea á Coral Polifónica
Por Redacción |