Andrés Suárez renova o seu idilio con El Náutico

Por Redacción
O de Andrés Suárez con El Náutico do Grove é un idilio que vén de lonxe. Dende os tempos nos que o ferrolano trataba de buscarse a vida en Madrid cos seus primeiros discos. Cada verán, cando regresaba a Galicia, sempre tivo un oco na programación de concertos do Náutico.
Agora que o éxito lle acompaña alí onde vai, que llelo rifan, que o seu novo disco está entre os máis vendidos e os máis descargados, que el soíño é capaz de colgar o cartel de "soldout" no Pazo dos Deportes de Madrid, Andrés Suárez asegura que nunca se lle van esquecer os sitios nos que sempre achou unha oportunidade. E entre eles o local da praia da Barrosa ocupa un lugar destacado. "No hay un lugar en el universo como El Náutico. Siempre que Miguel (de la Cierva) me invité a ir, por supuesto allí estaré", confesa na véspera dos seus dous concertos.
Andrés Suárez ofrecerá este mércores un concerto acústico en solitario e o xoves actuará en eléctrico con todo o seu grupo. "Elixe o teu concerto", denomina este formato.
Relacionadas:
-
Suspendido o concerto que Andrés Suárez tiña previsto dar no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Lichis amosa o seu novo rumbo musical nun concerto en El Náutico do Grove
Por Redacción |
-
Xoel López, Eladio y los seres queridos e Pepe Solla, trío de ases en El Náutico do Grove
Por Redacción |
-
Corenta músicos de jazz e swing reúnense nun excepcional encontro en El Náutico do Grove
Por Redacción |
-
Así se vivirá agosto no Náutico do Grove: 45 concertos en 29 días
Por Redacción |
-
Antonio Pagudo, de Montepinar a San Vicente do Mar
Por Alejandro Espiño |