Danza nas rúas para todos os gustos e idades
Por Redacción
Diversos actos de exhibición de danza móstranse nas rúas de Pontevedra con motivo do Día Internacional da Danza dentro do programa 'Ponte en Danza'.
A Praza da Ferrería acolleu unha mostra de clases sobre ballet clásico e danza contemporánea a cargo dos profesores Juan Miguel Hernández e Armando Martens coa exhibición de diferentes movementos artísticos.
A danza moderna e o hip-hop centraron as actividades dos obradoiros que se desenvolveron durante a xornada na Avenida de Montero Ríos.
Unha proposta de Zumba ás 21.00 pecha o programa deste Día Internacional de Danza. Estas actividades contaron coa participación de máis de 400 bailaríns de diferentes idades.