400 bailaríns sacarán a danza ás rúas de Pontevedra polo seu día internacional
Por Redacción
A danza sairá á rúa este fin de semana con motivo do Día Internacional da Danza. A efeméride celébrase o 29 de abril, pero en Pontevedra o día central será este domingo día 27, con obradoirose exhibicións ao aire libre nos que participarán 400 bailarins diferentes. O día anterior, sábado, haberá unha actuación e o propio día da celebración, martes, organizarase unha performance, todo no Pazo da Cultura.
A edil de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro, presentou este venres unha programación que se marca como obxectivo poñer de relevancia a "importancia" da danza na cidade e a "fortaleza" que ten unha actividade artística na que participan "cantidades de nenos" como alumnos das escolas especializadas de Pontevedra.
A organización conta coa colaboración das escolas de danza e asociacións Danz'it, Kiap, Gondomar, Máis que Danza, Bambolina, Saleta, Ballet Studio, Starben Carmen Seoane, Talento, Déborah, Vaganova e Fita Novas. En representación de todas elas presentaron a programación Amélie Trotet, Roser Garriga e Déborah Alfaya.
Amélie Trotet explicou que o domingo 27 pola mañá haberá obradoirosde danza clásica e contemporánea na praza da Ferrería e de danza moderna e hip--hop no paseo de Monteiro Ríos. Pola tarde será a quenda das exhibicións, de 17.00 a 19.00 horas en Monteiro Ríos e de 19.00 a 21.00 horas na Ferrería. Xa pola noite será a quenda da actividade que busca má implicación directa da cidadanía en xeral, un obradoiro de Zumba aberto a todos os públicos ás 21.00 horas naFerrería.
O obxectivo é "intentar inundar de danza nuestra ciudad durante todo el día" e Roser Garriga explicou que a filosofía é que non se trate dunha xornada das escolas ou asocaciones, senón para promover a danza en xeral. Sacando a danza á rúa os participantes teñen a oportunidade de "crecer como alumnos" e "compenetrarse con el resto de Pontevedra".
Déborah Alfaya destacou a importancia de que en Galicia exista un Centro Coreográfico Galego e de que na actualidade hai bailarins formados na comunidade por todo o mundo e explicou que o sábado 26 de abril no Pazo da Cultura actuará a partir das 21.00 horas este Centro Coreográfico. Poñerán en escena 'Full House', dun coreógrafo nórdico, que comparte como profesor coa compañía alemá Hannover Ballet.
O martes 29 de abril, propio Día Internacional da Danza, será tamén o Pazo da Cultura o lugar elixido para a actuación. Neste caso, haberá unha performance da danza contemporánea a cargo de dúas rapazas na sala de exposicións.