O Museo retoma os obradoiros en familia sobre a exposición 'A era das fábulas'
Por Redacción
Dentro das actividades complementarias á exposición 'A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía', o Museo de Pontevedra programou unha serie de obradoiros en familia, que se desenvolveron en xullo e agora volven nos próximos sábados 14, 21 e 28 de setembro.
Están dirixidos ao público infantil a partir de 6 anos, en compañía dunha persoa adulta.
A inscrición pódese facer a partir do martes 3 de setembro a través de Whatsapp, no número 617340323.
Os obradoiros celebraranse de 11:30 a 13:00 horas, no Edificio Castelao. Cada un deles está vinculado a un acto da exposición 'A era das fábulas'. Serán impartidos por Ana Barreiro e África Martínez, de Taller Abierto.
Seguindo o concepto expositivo que vincula o ancestral co contemporáneo a través da fábula ou o mito, realizaranse unha serie de actividades plásticas que axuden a entender a arte ao longo da historia como reflexo do tempo no que foi creada e de entender como nos serve para reflexionar sobre temas contemporáneos.
OUTRAS ACTIVIDADES
Ata o 26 de setembro, o Museo organiza cada xoves, ás 18:00 horas, unha visita guiada á exposición 'A era das fábulas'. As visitas, a cargo do equipo de Educación do Museo de Pontevedra, son de balde e para asistir non é necesaria a inscrición previa. Ademais, é posible concertar visitas para grupos noutro horario escribindo a educacion.museo@depo.gal
Finalmente, o 25 de setembro, na última semana antes do peche da exposición, celebrarase un seminario con conferencias e mesas redondas ao redor dun dos temas tratados nesta mostra: a relixiosidade popular, os exvotos e outras ofrendas.
Relacionadas:
-
A Cultural de Sanxenxo e o Concello poñen en marcha a exposición "Arte sobre papel"
Por Oskar Viéitez |
-
O Museo volve sacar á rúa 'A era das fábulas': "É unha iniciativa fabulosa"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
‘A era das fábulas' sae á rúa e convida á cidadanía a crear as súas versións de Kandinsky, Manolo Moldes e Inês Zenha
Por Redacción |
-
Comezan as visitas guiadas á exposición 'A era das fábulas' no Museo de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Museo convida á cidadanía a explorar a súa creatividade sacando á rúa 'A era das fábulas'
Por Oskar Viéitez |
-
Inaugurada 'A era das fábulas' no Museo: “A mellor exposición dos últimos vinte anos”
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
"A era das fábulas", a exposición coa que o Museo quere ser un "faro de cultura"
Por Alejandro Espiño |