Lontreira, Dios Ke Te Crew, Sonoro Maxín ou The Skarnivals dan forma ao cartel do Armadiña Rock
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
O festival Armadiña Rock, que se celebrará en Combarro os días 26, 27 e 28 de xullo, segue dando pasos para completar a súa oferta musical para este ano.
Ata once bandas e artistas fóronse sumando ao longo dos últimos días ao cartel do festival, que regresa tras un ano de ausencia e traerá cambios no seu formato.
Así, Dios Ke Te Crew, unha das bandas máis representativas do rap en galego, será un dos cabezas de cartel desta edición, xunto a Lontreira, Sonoro Maxín ou The Skarnivals, que fará soar a súa fusión de ska, punk e folk por última vez antes do seu parón definitivo.
En Combarro soará tamén o punk de Lisdexia, o punk-rock de Loita Armada, a música tradicional das Pandereteiras de Ronsel, Vides Novas e as Pandereteiras de Armadiña ou as sesións de Yaya DJ.
O espectáculo de maxia cómica "Rei Midas" da compañía Troula formará parte, doutra banda, da programación do Armadiña Kids, pensado para o público infantil.
Ademais, haberá pasacalles a cargo, entre outros, de A Vacaloura Vermella e Los Queimatasas.
Todas estas actuacións sumaranse ás bandas A Quinkillada e Festicultores, as primeiras actuacións que se confirmaron para este Armadiña Rock 2024.
Relacionadas:
-
Xa está aquí o Armadiña Rock, un festival "100% galego" e con pegada artesanal
Por Redacción |
-
Dous 'Puntos Lilas' ofrecerán seguridade durante o Armadiña Rock
Por Redacción |
-
La Quinkillada e Festicultores, primeiras confirmacións para o regreso do Armadiña Rock
Por Redacción |
-
A finais de xullo resucitará o Armadiña Rock
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |