Dous 'Puntos Lilas' ofrecerán seguridade durante o Armadiña Rock
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Con motivo da celebración do Armadiña Rock en Combarro, o Concello de Poio instalará dous 'Puntos Lilas' para concienciar e previr a violencia machista e favorecer que o festival sexa seguro.
Esta semana o alcalde, Ángel Moldes; as concelleiras de Seguridade Cidadá, Maritxe González, e de Cultura, Natalia Sabarís; o edil de Festexos, Fran da Silva; representantes da Policía Local, Protección Civil e da Garda Civil, así como membros da organización do Armadiña mantiveron unha reunión de coordinación do dispositivo especial deseñado para que toda a actividade se desenvolva con total normalidade.
Aínda que o festival dará comezo o venres 26 de xullo, será o sábado, día que se espera maior afluencia ao festival, cando se instalen estes puntos na Seca e en Combarro. No primeiro caso, estará na zona de acampada, entre as 20.00 e as 23.00 horas, e no segundo, na zona de concertos na Praza da Chousa, entre as 22.00 e as 3.00 horas.
Moldes, sinalou que "as festas e os concertos musicais deben ser espazos de convivencia", apelando á responsabilidade e ao respecto porque todas as persoas "teñen dereito a disfrutar sen sentirse acosadas, violentadas, intimidades ou agredidas".
Estes puntos son "fundamentais" para ofrecer espazos seguros nos que apoiar e atender ás vítimas en caso de agresión, por iso desde o goberno local recordan a todas as mulleres a importancia de denunciar e achegarse ao 'Punto Lila', que estará atendido por dúas técnicas en igualdade, ou a calquera dos membros de seguridade para pedir axuda. En caso de que sexa necesario activarase o protocolo policial de intervención por violencias sexuais do Concello de Poio.
Durante a reunión tamén organizaron o acceso á campada na Reiboa, que vai estar sinalizada e delimitada, así como os aparcamentos disuasorios para facilitar o acceso ao festival. Ademais, as forzas de seguridade, tanto a Policía Local de Poio, como a Garda Civil e a seguridade privada estarán coordinadas e presentes en toda a actividade.
Relacionadas:
-
Xa está aquí o Armadiña Rock, un festival "100% galego" e con pegada artesanal
Por Redacción |
-
Coñeces o maior bosque de sequoias de Europa?
Por Redacción |
-
Un fallo deixa as vítimas de violencia machista sen o sistema de protección de pulseiras
Por Oskar Viéitez |
-
Lontreira, Dios Ke Te Crew, Sonoro Maxín ou The Skarnivals dan forma ao cartel do Armadiña Rock
Por Alejandro Espiño |
-
La Quinkillada e Festicultores, primeiras confirmacións para o regreso do Armadiña Rock
Por Redacción |
-
A finais de xullo resucitará o Armadiña Rock
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |