A Alameda vístese de verde militar
Por Redacción
Menores e adultos subíanse aos tanques e probaban os diferentes instrumentos militares que este sábado mostrábanse na Alameda de Pontevedra con motivo da celebración do Día das Forzas Armadas. A Birgada Galicia VII ( Brilat) do Exército de Terra exhibía vehículos, tendas de campaña ou traxes de camuflaxe, ademais de informar a todas aquelas persoas interesadas na formación que se imparte no cuartel de Figueirido.
Durante oito horas, material de artillería, zapadores, batallón, transmisións, infantería ou loxística mostrábase ante o interese dos pontevedreses. A pista infantil de prácticas militares ou o azor eran puntos obrigados para facerse fotografías.
A xornada contou tamén co izado da bandeira española nos Xardíns de Vicenti, fronte á fachada do edificio da Subdelegación de Defensa. O xeneral xefe da Brilat, Antonio Romero e o subdelegado de Defensa, o coronel Anxo de Miguel Campos atopábanse á fronte das autoridades xunto á subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz e o deputado provincial Carlos Font. Decenas de pontevedreses seguiron o acto que concluíu coa Banda de Guerra da Brilat interpretando o himno español.
Relacionadas:
-
Defensa inicia en Pontevedra o proceso para cubrir 3.000 prazas de militares profesionais
Por Redacción |
-
A Brilat conmemora o seu aniversario coa mirada posta nas súas próximas misións de Líbano e Mali
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A BRILAT expón o seu material na Alameda polo día das Forzas Armadas
Por Oskar Viéitez |
-
O Ministerio de Defensa recruta 53 pontevedreses
Por Redacción |
-
A Subdelegación de Defensa celebrou o seu día institucional
Por Redacción |