A Brilat conmemora o seu aniversario coa mirada posta nas súas próximas misións de Líbano e Mali
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A base Xeneral Morillo de Pontevedra acolleu este xoves unha parada militar presidida por Fernando González García-Valerio, xeneral xefe da División "Castillejos", como acto central dos eventos que se levaron a cabo con motivo do LII Aniversario de creación da Brilat, coincidindo coa data do primeiro aerotransporte, que se realizou en xuño de 1966 no Aeródromo das Rozas (Lugo).
No acto foron distinguidos o Liceo Casino de Pontevedra, a Fundación Amigos de Galicia, José María Núñez comandante director da Escola Naval de Marín, e Edelmiro López.
No seu discurso o xeneral xefe da Brilat, Antonio Romero Losada, referiuse ás novas operacións no exterior encomendadas á brigada, dúas misións simultáneas en Líbano e Mali, sinalando que "ahora nos encontramos inmersos en la fase de preparación, con el corazón dividido y el alma partida en dos" en referencia a "los que se marchan y los que se quedan".
O continxente da Brigada Galicia VII en Líbano, onde acoden como cascos azuis da ONU, calcúlase que poida estar formado por máis de 800 efectivos do Rexemento Príncipe con sede en Asturias e achegas do cuartel xeral de Figueirido que se van a encargar de dar o relevo aos militares da Brigada Aragón que actualmente se atopan xa despregados en Oriente Próximo.
O despregamento será a mediados de novembro no leste da fronteira sur libanesa, a máis complexa e inestable dado que limita cos Altos do Golán e a fronteira siria. Alí realizarán traballos de vixilancia na denominada "Blue Line" desmilitarizada na que se encargarán de manter a paz.
O xeneral Romero Losada, que leva algo máis dun ano á fronte da Brilat, afirmou que "ahora sí que puedo decir que voy seguro a la zona de operaciones al saber que tengo una gente excelente a mis órdenes".
Sobre a preparación de ambas as misións o xeneral explicou que "estamos haciendo un esfuerzo enorme" no estudo dos idiomas inglés e francés, porque "nos vamos a mover en un ambiente multinacional". Ademais a súa preparación fai especial énfase en "las reglas de enfrentamiento" xa que este réxese por unhas regras "que nos dan las Naciones Unidas" e que marcan a operación.
"Otro caballo de batalla tremendo es la conducción", destacou o xeneral xefe da Brilat. Os viarios polos que van transitar non reúnen as condicións ás que están afeitos polo que hai que adecuar as medidas de seguridade "para que no haya ningún accidente".
Sobre a misión de Mali, o xeneral comentou que xa se aclararon as incertezas existentes sobre esta operación, "gracias a dios ya nos dieron el encuadramiento de personal" e na súa maioría serán militares pontevedreses "serán de aquí, del batallón Zamora prácticamente todos". Romero Losada indicou que xa se mantivo a primeira reunión en Sevilla "y ya está todo definido".
Esta misión das Nacións Unidas para a estabilización de Malí comezou a funcionar en 2013 e xunto aos labores de "protección, vigilancia y seguridad" ante os grupos rebeldes, yihadistas e independentistas tuareg, entre os seus obxectivos tamén se inclúe mellorar as capacidades do exército maliano mediante tarefas de formación. É dicir, farán de "instructores", como sinalou o xeneral xefe da Brilat.
Relacionadas:
-
A Brilat despide os máis de 800 militares que iniciarán misións en Líbano e Mali a partir de novembro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Brilat, na conta atrás da súa preparación para a misión en Líbano
Por Redacción |
-
A Brilat ultima en Zaragoza a preparación para a súa inminente misión en Líbano con militares de Brasil e Serbia
Por Redacción |
-
A Brilat recibe unha reprodución da carta de Juan de la Cosa
Por Redacción |
-
A Alameda vístese de verde militar
Por Redacción |
-
Nova peregrinaxe de récord entre Tui e Santiago
Por Natalia Puga |