O Ministerio de Defensa recruta 53 pontevedreses
Por Redacción
O Ministerio de Defensa pechou o terceiro ciclo anual do proceso selectivo para o ingreso como Militar Profesional da Escala de Tropa e Mariñeiría das Forzas Armadas, con gran afluencia de peticións na provincia de Pontevedra.
Este ciclo, a pesar de desenvolverse parcialmente no ano 2018, correspóndese coa convocatoria do exercicio anterior.
Recibíronse no centro de selección da Subdelegación de Defensa en Pontevedra máis de 300 solicitudes (248 homes e 58 mulleres) para tomar parte no proceso. Finalizado o mesmo, 53 pontevedreses (45 homes e 8 mulleres) obtiveron praza. Deles, 39 irán a unidades do Exército de Terra, 9 á Armada e 5 ao Exército do Aire.
Obtiveron praza igualmente no centro de selección de Pontevedra un total de 13 solicitantes procedentes da provincia de Ourense.
O volume de solicitudes na provincia de Pontevedra poñen de manifesto que as Forzas Armadas proporcionan unha profesión de futuro, onde se poden continuar os estudos, xa que se obteñen títulos do sistema educativo xeral (de grao e de técnico superior), e tense a posibilidade de proxección tendo en conta que se reservan moitas prazas de promoción interna.
A Subdelegación de Defensa púxose a disposición dos diferentes centros educativos da provincia para informarlles sobre os diferentes procedementos de ingreso nas Forzas Armadas.