Aparece na praia de Areas o cadáver avistado o domingo por uns surfistas en Canelas
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un garda civil franco de servizo localizou sobre as 12.20 horas deste martes un cadáver dun home nunhas rocas da praia de Areas, en Sanxenxo, cuxa descrición coincide coa facilitada polo grupo de surfeiros que na tarde do domingo avistaron un corpo flotando na praia de Canelas.
O axente que o localizou é o xefe do posto da Garda Civil do Grove e inmediatamente avisou á central de coordinación da Comandancia de Pontevedra. Ao lugar desprazáronse inmediatamente efectivos do instituto armado, que confirman o achado.
O cadáver coincide coa descrición facilitada polos surfeiros, pero aínda non se puido determinar a identidade do falecido. A comisión xudicial deberá autorizar o levantamento do cadáver e posteriormente poderíase confirmar a súa identidade.
Os surfeiros avistaron o cadáver sobre as 19.30 horas do domingo e alertaron ao 112, de modo que de estableceu un dispositivo de procura xa na tarde do domingo que se repitó durante toda a xornada do luns e na mañá deste martes.
O operativo de procura por mar e terra integrábano a Garda Civil, Salvamento Marítimo, os gardacostas da Xunta, o grupo de emerxencias de Sanxenxo e Protección Civil de Bueu. Finalmente, o corpo foi localizado polo responsable do instituto armado no Grove mentres paseaba pola praia de Areas fóra de servizo.
Relacionadas:
-
O sexaxenario desaparecido en Mourente, localizado sen vida
Por Natalia Puga |
-
O "susto" de saír surfear un domingo pola tarde e "practicamente chocar" cun cadáver
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Segundo día de procura por terra e mar do cadáver avistado en Canelas
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Rastrexan a costa de Canelas tras a alerta duns surfeiros por un posible cadáver
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada