O BNG solicita que a delegación da radio e televisión galega volva a Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O BNG presentou unha iniciativa parlamentaria, en forma de proposición non de lei para debate en pleno ou en comisión, para que a CRTVG recupere a delegación da radio e da televisión pública que foi suprimida en novembro de 2010.
"Aquela decisión fora moi prexudicial para Pontevedra, tanto pola supresión de postos de traballo como pola perda de cobertura informativa sobre a cidade", afirman dende o Bloque.
Actualmente Pontevedra é a única capital de provincia que non conta con delegación da radio e da televisión galega.
Segundo o deputado nacionalista Luís Bará, a próxima restauración da antiga sede da Xunta en Benito Corbal é "unha boa oportunidade para a recuperación deste servizo público, que permitiría unha mellor cobertura informativa da vida política, social, económica e cultural da cidade e da súa comarca".
Ao seu xuízo, a día de hoxe, esta cobertura "é moi deficiente, xa que ten que traladarse un equipo desde Vigo e a zona que atenden é moi extensa".
Considera o BNG que na antiga sede da Xunta existe "espazo suficiente" para as necesidades desta delegación, e que a súa presenza alí sería "perfectamente compatible e mesmo beneficiosa" para outros usos previstos no edificio, e citan coma exemplo ao Campus Crea da Universidade de Vigo.
O deputado nacionalista solicita que as xestións para esta recuperación da delegación se leven a cabo ao longo do ano 2018, co obxecto de facela realidade cando as obras estean rematadas.
Relacionadas:
-
Apoio do goberno local de Pontevedra ao persoal da CRTVG, que este luns se atopa en folga
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Apoio unánime na Deputación aos informativos locais da Radio Galega
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra protesta pola supresión das desconexións locais na Radio Galega
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra seguirá sen delegación da CRTVG ante o "veto" do PP á súa reapertura
Por Redacción |
-
En Marea esixe á Xunta a reapertura da delegación da CRTVG en Pontevedra
Por Redacción |
-
O pleno aproba por unanimidade instar á Xunta a reabrir a delegación da Radio Televisión de Galicia
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Instan á Xunta a que reabra a delegación da CRTVG en Pontevedra
Por Redacción |
-
Unha delegación da CRTVG en Benito Corbal?
Por Alejandro Espiño |
-
A TVG non "tomará ningunha medida" para dar máis cobertura informativa ao concello de Pontevedra
Por Redacción |
-
O goberno de Poio tamén se sente discriminado pola TVG
Por Redacción |
-
O pleno de Pontevedra declara á TVG como "medio de comunicación partidista e hostil" coa cidade
Por Redacción |