Sogama dota a Sanxenxo con 30 novos composteiros
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo, co respaldo de Sogama, amplía o seu programa de compostaxe doméstica a 30 novas familias, sumando xa un centenar os fogares incorporados a esta iniciativa. Do mesmo xeito que en fases anteriores, é imprescindible que as vivendas de próxima adhesión sexan unifamiliares e dispoñan de horta ou xardín no que aplicar o compost resultante.
A empresa pública encargarase de subministrar os composteiros, de 350 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables, así como de impartir un novo curso de formación presencial, este mesmo xoves no Centro de Interpretación de As Telleiras, en Vilalonga.
Tamén distribuirá manuais didácticos de apoio que servirán aos participantes para tomar boa nota dos pasos para seguir na técnica a aplicar, garantindo así a obtención dun abono natural de alta calidade que poida aplicarse ao solo sen restricións e que cumpra con todos os requisitos impostos pola normativa vixente
Con esta ampliación, o concello pretende incrementar os beneficios que trae consigo a reciclaxe da materia orgánica en orixe, tanto a nivel ambiental, diminuíndo as emisións de CO2 á atmosfera, como no ámbito económico, permitindo reducir as cantidades de lixo entregadas na planta coruñesa de Cerceda e, xa que logo, o importe da factura a pagar a Sogama.
Ademais, destacan as vantaxes sociais, toda vez que se recupera unha práctica tradicional no rural galego como é a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando ou elaboración de compost.
Relacionadas:
-
Moraña únese á moda da compostaxe doméstica impulsada por Sogama
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
Os escolares de Verducido, Noalla e As Bizocas achéganse á compostaxe
Por Redacción |
-
Portonovo ampliará o seu composteiro comunitario ante a implicación dos veciños
Por Redacción |
-
Os veciños de Portonovo súmanse á moda dos composteiros
Por Redacción |
-
98 veciños de Portonovo, 3 asociacións e 3 negocios adhírense á compostaxe comunitaria
Por Redacción |