Moraña únese á moda da compostaxe doméstica impulsada por Sogama
Xunto con Moaña e Nigrán, Moraña decidiu sumarse á longa lista de entidades pontevedresas que implantaron o programa da compostaxe doméstica promovido e liderado por Sogama (Sociedade Galega do Medio Ambiente) co obxectivo de propiciar o reciclado da materia orgánica en orixe, ascendendo a máis de 2.250 os composteiros repartidos na provincia, segundo datos aportados pola entidade.
As tres localidades comezarán con 80 fogares, 25 en Moraña, a fin de ir ensaiando a técnica e facer unha avaliación do grao de acollida da experiencia. O requisito imprescindible é que as familias participantes habiten en vivendas unifamiliares que dispoñan de horta ou xardín nos que aplicar o compost resultante.
O persoal dos concellos será o encargado de visitar cada unha das casas para comprobar a correcta realización do traballo por parte das familias, corrixir posibles erros, resolver dúbidas e proporcionar o oportuno asesoramento de cara a propiciar que o abono final cumpra con todos os requisitos de calidade.
Un dos beneficios que traerá a compostaxe é reducir a cantidade de residuos, o que permitirá a disminución da frecuencia de recollida e transporte por parte dos servizos municipais, así como do importe da factura a pagar a Sogama. Ademais con esta práctica recupérase, segundo a entidade galega, unha práctica tradicional en Galicia como é a separación da materia orgánica para alimento do gando ou elaboración de compost.
OUTROS CONCELLOS
Pola súa banda, Sanxenxo e Meis amplían, tamén da man de Sogama, o seu programa de autocompostaxe a 50 novas vivendas, facendo un total de 121 os fogares das dúas localidades que participan no proxecto.
Relacionadas:
-
Moraña amplía o seu plan de compostaxe municipal
Por Redacción |
-
Sogama dota a Sanxenxo con 30 novos composteiros
Por Redacción |
-
Un colexio de Vilanova, campión do programa Recíclate con Sogama
Por Redacción |
-
Os escolares de Verducido, Noalla e As Bizocas achéganse á compostaxe
Por Redacción |
-
O plan piloto de compostaxe esténdese á parroquia de Carballedo
Por Redacción |
-
Sogama promove a reciclaxe con motivo do Día Mundial da Educación Ambiental
Por Redacción |