Sogama promove a reciclaxe con motivo do Día Mundial da Educación Ambiental
Por Redacción
A empresa pública Sogama mantén o seu impulso a iniciativas de formación e concienciación ambiental adaptadas a distintos públicos.
Con motivo do Día Mundial da Educación Ambiental, que se celebra este xoves, continúa desenvolvendo o programa de visitas e o proxecto "Recíclate con Sogama", que está dirixido aos centros escolares de primaria coa fin de promover a reciclaxe nas aulas, a plataforma Caderno Verde, o desenvolvemento de cursos online e o seu programa da compostaxe doméstica.
Sogama quere con estas iniciativas que cada vez haxa máis cidadáns concienciados coa sustentabilidade e coa necesidade de avanzar cara a un modelo de desenvolvemento que pivote sobre a economía circular.
Esta empresa pública indica que a educación ambiental da poboación é unha das liñas prioritarias da actividade corporativa de Sogama. O obxectivo que se expón céntrase en abandonar as perniciosas prácticas de usar e tirar para sustituírlas polo máximo aproveitamento dos produtos ata esgotar a súa vida útil, posiblitando a súa transformación en recursos.
A ampliación de Sogama aumentará en dous anos un 81% a súa capacidade de tratamento. Trátase dunha mellora sobre o prego do concurso de ampliación do complexo ambiental achegada pola adxudicataria do contratao. Pasará dunha capacidade de 550.000 toneladas anuais a 1 millón.
Relacionadas:
-
Os bañistas de varias praias pontevedresas recibirán educación ambiental
Por Oskar Viéitez |
-
Un colexio de Vilanova, campión do programa Recíclate con Sogama
Por Redacción |
-
Estudantes da Escola de Forestais coñecen o funcionamento de Sogama
Por Redacción |
-
Moraña únese á moda da compostaxe doméstica impulsada por Sogama
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
Sogama promove a reciclaxe a través do fútbol
Por Redacción |
-
A ampliación de Sogama permitirá incrementar a súa capacidade de tratamento nun 81%
Por Redacción |