Detido un home tras asaltar un bar e tentar roubar cunha xiringa nunha tenda de roupa
Por Oskar Viéitez
Un home de 44 anos de idade, veciño da Coruña, con antecedentes policiais, foi detido pola Policía Nacional como presunto autor dun roubo con forza nun establecemento da cidade e a tentativa dun roubo con intimidación nunha tenda de roupa.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría da Policía Nacional, os feitos sucederon os días 29 e 30 de xullo.
No primeiro dos casos a propietaria dunha tenda de roupa da cidade denunciou como ás 16.40 da tarde accedera un individuo ao local exhibindo unha xiringa e esixindo que lle entregase o diñeiro da caixa aínda que ante a negativa da traballadora o individuo saíu fuxindo do local.
Posteriormente tívose coñecemento de que este individuo tamén ameazou coa xiringa aos viandantes na rúa Loureiro Crespo chegando a ameazar a unha muller que se atopaba nun caixeiro.
Ao día seguinte os agestes da Policía recibiron unha chamada alertando dun roubo nun bar próximo á estación, o presunto autor fracturou o escaparate cunha lastra e tras subtraer a rexistradora saíra fuxindo á carreira.
Ao lugar dirixiuse inmediatamente unha patrulla da Policía Nacional que interceptou ao individuo coa recadación aínda nas súas mans. Por iso os axentes detivérono por un delito de roubo con forza en establecemento.
Relacionadas:
-
Rouba unha furgoneta en Cambados, foxe e déixaa acesa e sen freo de man en Campañó
Por Natalia Puga |
-
A Policía Nacional identifica dez persoas en dous controis policiais nas avenidas de Marín e Vigo
Por Redacción |
-
O home que apareceu deambulando por Xustáns, sospeitoso de furtar 662 euros e estrelarse cun coche
Por Natalia Puga |
-
Un taxista localiza un home deambulando por Xustáns e pescudan que é un presunto ladrón fuxido
Por Natalia Puga |